O CD Burela FS Pescados Rubén recibirá a selección de Vietnam o mércores 23 de setembro para disputar un amigable benéfico a favor da Asociación DEBRA-Piel de Mariposa. Francisco Muñoz e Sofía Méndez representaron o colectivo no acto de presentación que acolleu a sede laranxa xunto ao presidente do club mariñán, Manuel Blanco, o seleccionador do combinado asiático, Bruno García, e o concelleiro de Deportes de Burela, Ramiro Fernández.
Vista Alegre abrirá as súas portas para gozar da cita a partir das 20.30 horas, cuxa recadación será destinada á Asociación de Epidermólise Bullosa de España, con donativo de 2 euros como entrada.
Aquelas persoas que non poidan asistir tamén poderán colaborar co colectivo facendo as súas achegas en:
ASOC. EPIDERMÓLISE BULLOSA DE ESPAÑA
IBAN: ES35 0081 0244 1100 0185 4991
BIC: BSAB ESBB
info@debra.es
Grazas a que DEBRA España é unha entidade declarada de utilidade pública, todas as colaboracións e donativos realizados son susceptibles de vantaxes fiscais.





















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
