Lourenzá, 19 de setembro do 2015.- A alcaldesa socialista de Lourenzá, Rocío López, non tivo más remedio que recoñecer –a preguntas da voceira do PP no último pleno local- que esta fin de semana non terá lugar o tradicional mercado dominical de fabas e, incluso, a rexedora asegurou que aínda non sabe, non pode precisar cando comezará esta actividade, pese a corresponder a súa organización ao Concello.
A improvisación na que está instalada o equipo de goberno socialista serviu a Emma Álvarez para denunciar este feito e salientar que o mesmo pon de manifesto o descoñecemento da actual alcaldesa das necesidades municipais e a súa incapacidade por facer fronte as tarefas ordinarias de organización municipal.
A maiores, desde o PP explicaron que este venres varios veciños foron a vender as súas fabas ao recinto do mercado, sinal de que xa hai colleita para a venda e que, polo tanto, xa existe oferta deste produto, e só debido á deixadez da alcaldesa aínda non poderán vendelas este domingo.
Desde o Partido Popular explican tamén que, segundo afirmou Rocío López, este ano será necesario o carné de fabeiro para participar no mercado e incluso afirmou que xa o están renovando ás persoas que se interesaron, sen que conste notificación por parte do Concello de que se iniciou o prazo para facelo.