Burela, 18 de setembro de 2015.- O Burela Pescados Rubén regresa de Palma de Mallorca con sensacións contraditorias trala derrota ante o Palma Futsal (3-1) xa que a escuadra mariñá realizou outro bo partido pero sen a recompensa merecida dos puntos. O encontro caracterizouse pola igualdade entre ambos contendentes durante a primeira parte, ambos equipos presionaban ben ao seu rival e gozaron de oportunidades para abrir o marcador pero os porteiros evitaron que se movese o empate inicial ata que Tomaz aproveitou unha xogada individual de Taffy para situar o 1-0 ao bordo do descanso. Na continuación, a intensidade seguía presente en Son Moix e aínda que os burelaos xeraron perigo para lograr o empate os insulares mostraron maior eficacia. De novo Tomaz erixiuse en protagonista ao marcar o 2-0, minuto 25, dando paso a uns momentos de desasosego laranxa. Os de Daniel Ibañes lograron reaccionar e elaboraban ben o xogo pero faltáballe culminar ata que Jorge Bellvert situou o 2-1, minuto 30. O gol do Burela xerou inquietude nas filas mallorquinas que xa tiña o cupo de faltas cuberto nese instante. O Burela sumaba méritos para alcanzar o empate, con Chino como referencia ofensiva, ante un Palma que recuaba e que se encomendaba á súa calidade individual. O choque decantouse para os locais no minuto 38. Xogada polémica no área de Barrón con Chano como protagonista para marcar o empate que finaliza con disparo de Pizarro desde a súa pista para marcar o 3-1 definitivo a porta baleira.
Ficha técnica
Palma Futsal: Carlos Barrón, Vadillo, Joselito, Chicho, Taffy –cinco inicial- Attos, Tomaz, Sergio, Paradynski, Pizarro.
CD Burela FS Pescados Rubén: Edu, Isi, Iago Míguez, Chano, Chino –cinco inicial- Bellvert, Helder, Antoñito, Iago Rodríguez.
Goles: 1-0, m.16, Tomaz; 2-0, m.25, Tomaz; 2-1, m.30, Bellvert; 3-1, m.38, Pizarro.
Árbitros: García Donas, Moreno Millán.
Incidencias: Partido correspondente á segunda xornada da Primeira División da LNFS. Disputado no pavillón de Son Moix de Palma de Mallorca.





















A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
