Lugo, 11 de setembro de 2015.- Elena Candia acaba de quedar ela mesma ao descuberto porque agora demostra que cometeu as ilegalidades a conciencia.
Non só o fixo mal, senón que agora recoñece que o sabía:
PRIMEIRO: Pediu un informe ao Secretario días despois de aprobar a exclusiva. Como ela mesma demostra, o 7 de xullo de 2011 acordouse a súa dedicación exclusiva, e non foi ata o 18 de xullo de 2011 cando pediu un informe ao Secretario.
SEGUNDO E MÁIS GRAVE: O informe advertíalle claramente que xestión patrimonial si, pero actividade profesional NON SEN COMPATIBILIDADE. Candia sempre tivo actividade profesional aberta ao público, con clientes e pola que cobraba. Por este motivo, non quixo tramitar a obrigada declaración de compatibilidade de actividades no Pleno Provincial, tal e como dita a lexislación vixente. Por iso, non lle interesou que este informe tivese rexistro oficial de entrada e saída da Deputación de Lugo.
TERCEIRO: Para intentar enganar ao Secretario cualifica as súas actividades de “marxinais”. Así se denominan a aquelas polas que non se cobran. As súas actividades “marxinais” significan cobran máis de 34.180 euros ao ano como comisionista de seguros, e supón o 68% do seu outros soldo de 50.693 euros na Deputación. Para ela cobrar 34.180 euros era “marxinal” no peor momento da crise, cando pensionistas e funcionarios tiñas conxeladas as súas pagas.
CUARTO: Volve enganar ao Pleno cando no 2013, coa modificación da reforma do Réxime Local que cambia o sistema de retribucións dos políticos, quedan derogadas as “actividades marxinais”, aínda que a dela nunca o fora.