Mondoñedo, 11 de setembro de 2015.- Orlando González, portavoz do Grupo Municipal do BNG en Mondoñedo, acusa ao actual goberno municipal da popular Elena Candia de intentar manipular a información para confundir a opinión dos veciños e veciñas da actual situación económica do concello.
En relación a unhas acusacións vertidas en varios medios de comunicación polo goberno do Partido Popular de Mondoñedo onde di que o concello ten máis de 83.000 euros en débedas herdadas do goberno bipartito, o anterior alcalde e actual portavoz do grupo municipal do BNG chámalle a atención que o actual goberno mindoniense do Partido Popular faga estas acusacións para intentar cuestionar a boa labor económica que se fixo no goberno anterior, e compara a situación actual coa que deixou no ano 2007 o Goberno do PP, un goberno, por certo, onde a actual alcaldesa tamén formou parte. O concello estaba nunha situación de quebra, coas contas sen presentar dende o ano 2004 e cunha débeda de varios millóns de euros. Agora o concello está nunha situación totalmente diferente, saneado , coas contas ao día e cunha cantidade, a 09 de xuño de 2015, de 1.311.244,50 euros de fondos líquidos.
Orlando explica que a factura de 27.000 euros sen pagar da Oficina de Planeamento, á que se refire o goberno do PP, non se pagou porque esa cantidade farase efectiva cando se faga a aprobación provisional do Plan Xeral, ademais é unha factura subvencionada ao 100 por 100 pola Xunta de Galicia, é decir, o concello paga e logo a Xunta devolve o diñeiro.
Sobre os 56.000 euros que lle reclama unha empresa ao concello, o anterior rexedor aclara que non se fixo o pago de toda a cantidade reclamada pola empresa por discrepancias entre o equipo técnico municipal e a empresa, sobre o redactado no prego de condicións e tamén en obras de mellora da rúa José María Pardo. A empresa foi ao contencioso e gañou a sentenza, e de aí entonces a explicación da cantidade reclamada.
Así que en xestión económica o anterior alcalde declara que non acepta leccións do Partido Popular, e pídelle a Elena Candia e ao seu equipo de goberno que se centren en gobernar e que non anden sementando dúbidas e confundindo a veciños e veciñas de Mondoñedo sobre a situación económica na que se atopa o concello.


















A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.



