Con motivo da celebrarmos a exposición “A arte de xuntar II. Colección Quiroga-Monte de xoguetes antigos: trens e outras pezas“, prográmanse diversas actividades nos 4 museos da Rede: desde obradoiros creativos ata visitas guiadas para grupos escolares e para persoas individuais de todas as idades.
No caso do Museo do Mar as visitas guiadas para todos os públicos -de aproximadamente 30 minutos de duración- desenvolveranse do 10 de setembro ao 2 de outubro de martes a domingo ás 12.00 e ás 18.00 horas.
As visitas guiadas para centros escolares tamén se desenvolverán nesas datas previa inscrición e segundo as necesidades do centro escolar.
Tamén se recollerán xoguetes para entregar a entidades solidarias entre o 12 de setembro e o 12 de outubro.
Obradoiros
“Crear para xogar”: creación de barcos e outros xoguetes co obxectivo de achegar aos máis pequenos o apaixonante mundo do mar e a historia do xoguete de maneira lúdica. Idades: de 5 a 15 anos. Prazas: 15. Datas: 18 de setembro. Horario: de 18.00 a 19.30 horas.
“Xogueteando. Aprender a xogar é aprender a vivir”. A través de xoguetes antigos e de xogos tradicionais os máis pequenos descubrirán a infancia dos seus maiores. Idades: de 3 a 15 anos. Prazas: 15. Datas: 23 de setembro. Horario: de 18.00 a 19.30 horas.
“Ronsel de historias”: actividade de creación de historias de viaxes pensada para potenciar a imaxinación e fomentar a creatividade. O obradoiro iniciarase lendo un conto sobre barcos para que, a partir da lectura, as nenas e nenos creen una historia encadeada na que cada un aportará parte da viaxe imaxinaria. Idades: de 7 a 15 anos. Prazas: 15. Datas: 29 de setembro. Horario: de 18.00
a 19.30 horas.