Que Xove é un dos centros máis importantes de Galicia neste xogo está fóra de toda dúbida. O apoio do Concello a este deporte a través das Ligas Municipais de Bolos (que este ano celebran a XXVII edición) e a presenza do Club de Bolos Xove, un dos máis importantes de Galicia, amosan esa importancia.
O Club de Bolos Xove foi dos pioneiros en España en conseguir que as mulleres se decidisen a xogar a este deporte, que tradicionalmente estaba reservado aos homes. Cando se fundou o Club prácticamente as únicas mulleres que competían en Liga eran as do Club de Bolos Xove e o Club de Bolos O Cadaval; pouco a pouco fóronse dando pasos para que outros clubs foran federando mulleres, e a partir dahí comezáronse a realizar campionatos galegos e de España. Pola súa banda, a Concellería de Deportes do Concello de Xove contribueu tamén á incorporación da muller a este deporte creando, na tempada 2009-2010, a Liga de Bolos Senior Feminina, que este ano celebra a súa sétima edición.
Pois ben, como recoñecemento a ese protagonismo que Xove mantén neste deporte, este vindeiro fin de semana vaise celebrar, no Campo Municipal de Bolos de Sumoas, o CAMPEONATO DE ESPAÑA FEMENINO 2015. Este campionato vai comezar ás 12.00 horas do sábado 12 de setembro, rematando o domingo 13 pola tarde.
O Campeonato o van disputar 28 xogadoras de Madrid, Asturias e Galicia, Comunidades onde se practica este xogo tradicional. O sábado 12 vai desenvolverse o campionato individual e na última xornada, o domingo 13, o campionato por parellas.
Nestes intres o nivel da mulleres neste deporte podémolo definir como fantástico. En Galicia hai clubs con representación feminina nas catro provincias, e en Asturias teñen unha Liga feminina potentísima, que nada ten que envidiar á masculina.
Pola nosa parte, a nosa xogadora Carmen Rouco, que o pasado ano acadara o subcampionato de España no campo de Tineo (Asturias), vai mirar este ano de subir un escalón máis para tentar conseguir o campionato.
A organización do Campeonato corre a cargo do Club de Bolos Xove e a Federación Galega de Bolos; o patrocinio vai por conta do Concello de Xove a través da súa Concellería de Deportes; en canto aos colaboradores, temos: Consejo Superior de Deportes, Federación Española de Bolos e Deporte Galego da Xunta de Galicia.





















O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
