Lugo, 17 de setembro de 2015.- A delegada territorial da Xunta en Lugo supervisou este xoves o funcionamento do obradoiro de emprego Sendas de Burela, Cervo e Xove III, organizado pola Consellería de Traballo e Benestar.
Raquel Arias comprobou a marcha dos traballos que se están a acometer no parque Reina Sofía de Cervo, no parque municipal de Xove e na zona da praia da Marosa de Burela, acompañada por Alfonso Villares e Demetrio Salgueiro, rexidores de Cervo e Xove respectivamente, e as concelleiras de Burela, Noelia Ben e Patricia Otero.
“Conseguir a inserción laboral dos alumnos-traballadores que participan neste obradoiro é o principal obxectivo”, destacou Arias, quen sinalou tamén que “a Consellería de Traballo e Benestar está a facer un importante esforzo orzamentario na formación e aprendizaxe das persoas desempregadas da provincia, que só en obradoiros inviste preto de 2,5 millóns de euros”. Así, reciben unha formación especializada nunha área concreta do seu interese ao mesmo tempo que desfrutan dun contrato de traballo remunerado. “O resultado do se traballo ademais”, engadiu a delegada territorial, “tradúcense en actuacións concretas nos propios concellos”
Neste obradoiro, que comezou a principios de agosto e rematará en febreiro do vindeiro ano, impártense as especialidades de actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería (en Cervo e Xove); e pintura decorativa en construción (en Burela); e conta cun orzamento de 178.000 euros.
Entre as obras a realizar polos alumnos están, no concello de Cervo, o acondicionamento do entorno da antiga fábrica de salazón de San Ciprián, o da área recreativa da ponte medieval de Lieiro, así como as fontes e parques e xardíns de varias parroquias, ademais do parque Reina Sofía. En Xove, levarase a cabo a restauración ambiental da senda fluvial da ruta dos muíños do río da Rigueira e tamén o acondicionamento de parques, xardíns e zonas verdes, como o da urbanización Palmeiro ou os situados na Avenida Deputación, entre outras actuacións.
E en Burela, os alumnos-traballadores realizarán accións de mantemento, conservación e mellora do edificio multiusos, do cemiterio municipal e do antigo centro de formación ocupacional, entre outras melloras en instalacións públicas como é o caso da caseta dos socorristas ou o peche do campo de fútbol de A Marosa que visitou esta mañá a delegada territorial.
A Xunta de Galicia inviste 640.000 euros na comarca da Mariña na organización de cinco obradoiros de emprego, nos que se implican trece concellos e dos que se beneficiarán un total 95 alumnos-traballadores.
Raquel Arias lembrou que un destes obradoiros, que se desenvolverá no Concello de Foz, inclúese nun programa específico desenvolvido por primeira vez este ano pola Consellería de Traballo e Benestar, os denominados Yei, “especialmente orientado a mozos e mozas de entre 18 e 30 anos”.
“É un dos cinco obradoiros destas características que se poñerán en marcha na provincia, que neste intre están na fase de selección de persoal e que comezarán a funcionar antes de que remate o mes”, explicou a delegada territorial.
Na Mariña, ademais dos xa mencionados, Sendas de Burela, Cervo e Xove e do programa YEI de Foz, tamén estanse a desenvolver xa o Pardo de Cela II, que comparten Foz, Mondoñedo, Alfoz e O Valadouro; o Serra da Cadeira II, en Barreiros, Lourenzá e Trabada; e o Río Sor III, no que participan alumnos dos concellos de O Vicedo, Ourol e Muras.






















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



