Burela, 29 de outubro de 2015.- O Burela FS Pescados Rubén B saltará á pista de Vista Alegre este venres, coa visita do Pazo Tizón O Carballiño FS (20.00 horas), na quinta xornada de Terceira División.
Os pupilos de Juanma Marrube recibirán a un rival moi motivado, que chega á Mariña tras conseguir os seus primeiros puntos da liga nunha cita goleadora ante o Peugeot Vilalba FS (10-5).
A Estrada FS 6-1 Burela FS
O cadro laranxa non puido dar a sorpresa na complicadísima pista da Estrada FS (6-1). A pesar do 4-0 ao descanso, o Burela FS B regresou para pelexar por darlle a volta ao marcador, aínda que a desvantaxe pesou demasiado anímicamente. Alemán foi o autor do único tanto mariñán, no minuto 29, anotando o 5-1.