Tarde fresca, pero en xeral boas condicións para práctica dos bolos, a do pasado sábado 10 de outubro en Palmeiro nunha tirada na que participaron 29 inscritos.
Liga Sénior Masculina
Vitoria de Moisés Rodríguez, que lle permite encararse ao segundo posto da clasificación, por detrás dun dos grandes favoritos: Rafael González. Con só 2 tiradas celebradas, vemos que nos primeiros lugares da clasificación xa están os principais favoritos. Falta o vixente campión, Arturo Vigo, que está lesionado e aínda non puido debutar no torneo.
Liga Sénior Feminina
Vitoria de Salomé Cardoso na categoría feminina que lle permite acceder ao liderato. Salomé, gañadora de dúas edicións da Liga Sub 16, quere, nesta súa segunda tempada, mellorar o terceiro posto acadado a pasada edición.
As outras dúas grandes favoritas, Carmen Roca e Belén Meitín (vixente campioa) xa ocupan tamén postos de cabeza, aínda que se lles nota falta de ritmo competitivo.
Excelente participación nesta categoría con 10 inscritas; dende a concellería de Deportes hai unha grande satisfacción neste sentido. Agardan que a práctica dos bolos “se consolide e vaia a máis, sobretodo despois da celebración dos pasados Campionatos de España Femininos celebrados na Bolera de Sumoas, onde as nosas tiradoras do Club de Bolos Xove tiveron un papel tan destacado”.
Liga Sub 16
Daniel Alonso segue demostrando, semana a semana, que está noutra órbita, que xoga contra si mesmo, dado que os seus máis inmediatos perseguidores non o están a inquietar. Daniel estase a preparar para dar o salto á Liga Sénior a vindeira temporada. Polo seu nivel de xogo actual xa podería competir con garantías na liga dos maiores. Por detrás temos ao actual subcampión Miguel López, acompañado por Juan Manuel Ferro, unha nova incorporación que seguramente lle vai por as cousas difíciles a Miguel para ese segundo podio final.
A vindeira tirada vai ter lugar no Centro Social de Monte, o vindeiro sábado 17 de outubro de 2015.
CAMPIONATO DE BOLOS DE CLUB PALMEIRO (10 OUTUBRO 2015) 29 INSCRITOS: 13 NA LIGA SÉNIOR, 6 NA LIGA SUB 16 E 10 NA LIGA FEMININA | |||
CLASIFICACIÓN | NOME | TANTOS | PUNTOS |
LIGA SENIOR | |||
PRIMEIRO | MOISÉS RODRÍGUEZ CASABELLA | 302 | 12 |
SEGUNDO | SÓCRATES CAMPO SUÁREZ | 287 | 10 |
TERCEIRO | JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ | 266 | 8 |
CUARTO | FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ | 253 | 7 |
QUINTO | JOSE VIGO LAGE | 244 | 6 |
SEXTO | JOSÉ ANTONIO RODRÍGUEZ GALDO | 242 | 5 |
SÉTIMO | AGUSTÍN PENA NIETO | 232 | 4 |
OITAVO | CÉSAR CANCELOS LÓPEZ | 230 | 3 |
NOVENO | ARTURO RODRÍGUEZ ÁLVAREZ | 216 | 2 |
DÉCIMO | C. JAVIER RODRÍGUEZ CASABELLA | 208 | 1 |
MELLOR BOLADA | JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ | 94 | 1 |
LIGA SUB 16 | |||
PRIMEIRO | DANIEL ALONSO LÓPEZ | 235 | 6 |
SEGUNDO | MIGUEL LÓPEZ FORMOSO | 176 | 4 |
TERCEIRO | JUAN MANUEL FERRO SANTOS | 135 | 3 |
CUARTO | JAVIER ALONSO LÓPEZ | 122 | 2 |
QUINTO | HUGO PÉREZ MEITÍN | 102 | 1 |
MELLOR BOLADA | DANIEL ALONSO LÓPEZ | 71 | 1 |
LIGA FEMININA | |||
PRIMEIRO | SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ | 223 | 6 |
SEGUNDO | CARMEN ROCA CORRAL | 159 | 4 |
TERCEIRO | LAURA IGLESIAS MARIÑO | 155 | 3 |
CUARTO | CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZ | 138 | 2 |
QUINTO | BELÉN MEITÍN ROUCO | 129 | 1 |
MELLOR BOLADA | CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZ | 68 | 1 |