Cervo, 29 de outubro de 2015.- O Concello de Cervo puxo en marcha unha campaña para fomentar o uso da biblioteca pública entre os nenos e nenas alumnos de Infantil e Primaria. Máis de 30 deles fixeron libros coa técnica denominada scrapbooking na ocioteca da Casa do Mar de San Ciprián o pasado sábado, día 24, data na que se conmemorou o Día Internacional da Biblioteca.
A concelleira de Educación e Cultura, Dolores García Caramés, explicou que “coincidindo co Día Internacional da Biblioteca o Concello puxo en marcha unha iniciativa para fomentar o uso da biblioteca pública entre os nenos e nenas de Infantil e Primaria. A iniciativa, que xa se levou a cabo os dous anos anteriores, busca captar usuarios e socios e en definitiva, fomentar a lectura. O Concello editará carnés infantís cun deseño especial. Para difundir mellor esta acción, a Concellería distribúe follas de inscrición nos centros escolares do municipio. Así, para obter o carné, haberá que entregar a folla cuberta na Biblioteca de San Ciprián ou ben no Punto de Lectura de Cervo. Hai que destacar que está acción non está dirixida só a novos socios, senón que os nenos que xa teñan o carné habitual da biblioteca poden cambialo por este especial. Esta campaña de captación de usuarios que continuará vixente durante todo o ano”.
Dolores García convida “aos nenos e nenas e ao público en xeral a acercarse á biblioteca, a ler libros, a utilizar a biblioteca para consultalos e a ler, en definitiva, porque é unha actividade moi beneficiosa”.






















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



