Ribadeo, 29 de outubro de 2015.- Os deputados do Grupo Popular Jose Manuel Balseiro e Vidal Martínez-Sierra, salientaron na mañá deste xoves en rolda de prensa que un plan conxunto impulsado polo Goberno galego (a través do Instituto Galego de Vivenda e Solo) e o Ministerio de Fomento, permitirá investir tres millóns de euros para a rehabilitación integral dos ámbitos polos que discorren os Camiños de Santiago.
Esta colaboración permitirá habilitar unha liña de axudas directas para os propietarios de ata 11.000 euros a fondo perdido por vivenda. Ademais, como novidade, non só beneficiarán a aquelas edificiacións situadas na zona inmediata e contigua ao camiño, senón ao conxunto da parroquia, polo que todos os veciños da mesma poden solicitar estes apoios, a través do procedemento que determine o IGVS.
Os requisitos para acceder a estas axudas serán os mesmos que operan para as áreas de rehabilitación integral (ARIs) e inclúen actuacións de mellora en infraestruturas e urbanización, ademais das propias rehabilitacións edificatorias. En breve está previsto que o propio IGVS publique a convocatoria desta liña de axudas a través da publicación da resolución correspondente no Diario Oficial de Galicia (DOG)
Provincia de Lugo: Tres rutas oficiais
No caso da provincia de Lugo, tres son os camiños oficiais que a percorren:
O Camiño Norte: que inclúe parroquia dos concellos de Ribadeo, Trabada, Barreiros, Lourenzá, Mondoñedo, Abadín, Vilalba, Begonte, Guitiriz, e Friol;
O Camiño Primitivo: que empeza na Fonsagrada, e continúa por Baleira, Castroverde, Lugo, Guntín e Palas de Rei;
E, finalmente, o Camiño Francés: que se inicia en Pedrafita, Triacastela, Samos, Sarria, Paradela, Portomarín, Monterroso e Palas de Rei.
Precisamente os deputados populares quixeron dar conta destes apoios en Ribadeo, porta de entrada dun destes percorridos oficiais, o Norte, un dos espazos que maior afluencia de turistas e peregrinos está acadando nas últimas datas.
Plan director
Para rematar, puxeron en valor este investimento porque, ao seu xuízo, supón unha oportunidade de beneficio directo para os veciños das áreas polas que discorre o Camiño, á vez que se enmarca na aposta pola mellora destes trazados que o Goberno galego impulsa en todas as rutas, a través do Plan director, e que se materializa en aspectos tan variados como os ambientais, sinalización e servizos turísticos entre outros cometidos.



















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



