O Morán Grupo Lourenzá cae ante o Ascensores Tresa na segunda xornada da Liga Nacional nun partido co que as laurentinas estreaban o novo chan do pavillón municipal.
Cun resultado de 56-59, deberán agardar o vindeiro domingo 25 de outubro para inaugurar o casilleiro de puntos esta temporada ante o Ventanas Arsán tamén no Municipal de Lourenzá a partir das 18.00 horas.