Foz, 29 de outubro de 2015.- Un ano máis o Observatorio da Mariña pola Igualdade aposta polo cinema como medio para coñecer e afondar na realidade de mulleres doutros lugares máis ou menos afastados de Galiza. Para o VII edición do video-fórum «Mulleres no Mundo» o Observatorio da Mariña Pola Igualdade contará, como nas edicións anteriores, coa colaboración da UNED e de Radiofoz. Ao remate desta edición serán máis de 30 as películas proxectadas ao longo de toda a historia do evento. A través delas, o público puido achegarse ao cine de Israel, Afganistán, Irán, Francia, India, Líbano, Serbia, Senegal, Ecuador, EE.UU, Arxentina, Perú, Bosnia Herzegobina, Canadá, Suíza, Arabia Saudita, España… Cinema dirixido na súa maioría por mulleres, recoñecido e premiado e que, aínda así, non chega moitas veces ás carteleiras das salas da Mariña nin das cidades galegas.
Este VII Video-fórum «Mulleres no Mundo» que organiza o Observatorio aposta polo cinema dirixido por mulleres. Por tanto, nesta edición 3 das 4 cintas son asinadas por directoras, sendo a 4ª co-dirixida por unha muller e un home. Ao igual que nas últimas edicións, continúa o formato do café-debate. O Observatorio repartirá gratuitamente cafés e pastas ás persoas asistentes para axudar a crear un clima distendido no debate posterior ás proxeccións.
O VII Vídeo-Forum «Mulleres no Mundo» desenvolverase no salón de actos da UNED de Foz durante catro xoves consecutivos, a partir do 5 de novembro, en horario de 19 a 21 horas. Poderán asistir todas as persoas que o desexen, estándose a tramitar a concesión de créditos de libre configuración ás persoas participantes. O prazo de inscrición xa está aberto, de modo que quen desexe anotarse na actividade, totalmente gratuíta, poderá facelo póndose en contacto coa UNED de Foz, ben escribindo un correo electrónico a foz@lugo.uned.es, chamando por teléfono ao 982133699 ou ben de forma presencial, acudindo ás aulas da universidade en Foz (Rúa Castelao, s/n).
Como en edicións previas, as sesións do VII Video-Fórum estarán guiadas por socias do Observatorio da Mariña pola Igualdade. A metodoloxía a seguir consiste en realizar unha breve presentación e contextualización do filme para, a continuación, realizar o pase da película que corresponda a cada día:
● 5 de novembro: XXY: Dirección de Lucía Puenzo. Arxentina.
● 12 de novembro: Gett: el divorcio de Viviane Amsalem. Dirección de Ronit e Shlomi Elkabetz.Israel.
● 19 de novembro: A cicatriz branca. Dirección de Margarita Ledo. Galiza.
● 26 de novembro: Hysteria. Dirección de Tanya Wexler. Reino Unido
Ao finalizar, realizarase un debate e reflexión posterior sobre diferentes aspectos abordados en cada filme. Haberá unha monitora a conducir as reflexións do grupo, tratando de que se manteña sempre unha metodoloxía participativa e aberta.
O principal obxectivo que persegue o Observatorio da Mariña pola Igualdade con esta iniciativa é a de darlle a coñecer á cidadanía galega, homes e mulleres, as realidades vitais de mulleres moi diversas. Deste xeito, pretendemos destacar, por un lado, que a discriminación de xénero é unha cuestión universal que afecta a todas as mulleres do mundo, aínda que adquire unhas materialización diferentes en función das continxencias que definen cada sociedade e cultura. E polo outro, que non hai un único xeito de “ser muller” nin unha esencia feminina, senón que a pluralidade de experiencias vitais e de desexos das mulleres obríganos a ter sempre en conta a enorme diversidade de mulleres. Alén disto, desde o Observatorio preténdese tamén contribuír a pór en valor as achegas das mulleres aos distintos eidos do saber, destacando neste caso o traballo das directoras de cinema.
Máis información en:
http://unedaulafoz.blogspot.com























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



