Manuel Orlando González Cruz, concelleiro electo no concello de Mondoñedo polo grupo político do BLOQUE NACIONALISTA GALEGO, presentaba este venres no rexistro do concello o escrito de renuncia, por motivos persoais, ao cargo de concelleiro no concello de Mondoñedo.
O ex alcalde, Orlando González, declara con esta decisión a súa intención de “deixar paso a xente nova, con novas ideas e novas formas de traballar”. Aínda así, comunica que seguirá “traballando e defendendo as ideas do BNG como un militante máis de base”.
A praza vacante de concelleiro será ocupada por María Carme Maseda Díaz que concorría ás pasadas eleccións municipais no quinto posto da lista nacionalista.