Ribadeo, 16 de outubro de 2015. Ata o 6 de novembro estará aberto o prazo de inscrición para participar no XIII Mercado do Nadal, que terá lugar en Ribadeo do 5 ao 8 de decembro.
Segundo explican desde a Concellaría de Desenvolvemento Local “o Mercado de Nadal quere ser un espazo de oportunidades para os profesionais relacionados coa artesanía e co deseño, onde se visibilice o traballo e o talento creativo e innovador dos creadores/as, artistas e artesáns. Nesta edición queremos dar un pulo a novos creadores e emprendementos no eido da artesanía e da creatividade. O noso mercado estará aberto aos artesáns, artistas e creadores nos ámbitos da ilustración, a fotografía, o deseño gráfico, xoguetería, complementos, roupa e deseño doutros produtos en xeral”.
Os participantes no XIII Mercado do Nadal deberán ter máis de 18 anos e poderán ser de calquera nacionalidade residan ou non en España. Os interesados poden atopar máis información así como as bases na web do Concello: www.ribadeo.gal.
Os stands serán casetas independentes que estarán localizadas e distribuídas na rúa San Francisco. O Concello establece un prezo de 100 euros pola participación de cada solicitante e caseta.
O prazo de inscrición estará aberto ata o 6 de novembro ás 14.00 horas e poderá facerse polo rexistro de entrada do Concello de Ribadeo, correo certificado ou calquera outro medio recollido no artigo 38 da Lei 30/1992.
O XIII Mercado do Nadal abrirá as súas portas o 5 de decembro ás 17.00 horas. O horario de visita será de 11.00 a 14.00 horas polas mañás e de 16.00 a 21.00 horas polas tardes. O Mercado do Nadal está organizado pola Concellaría de Desenvolvemento Local e Turismo de Ribadeo co apoio da Área de Turismo da Deputación Provincial de Lugo.




















A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



