Burela, a 13 de outubro de 2015.- O Grupo Municipal Popular (GMP) de Burela denunciou este martes o “escaso ou nulo interese que o goberno municipal está poñendo en materia de servicios sociais, como o demostra que a concelleira do ramo ainda non pisase determinadas dependendias, co que descoñece totalmente para o que serven, o seu funcioanmento e as súas necesidades; ou que actividades que xa tiñan que estar encamiñadas e mesmo en funcinamento a día de hoxe esteñan totalmente paralizadas. Todo esto demostra mui pouca preocupación polos servicios sociais e moi pouco traballo para manter un ritmo elevado nesta materia”.
Segundo o GMP, “a concelleira aínda non tivo a decencia de pasar por centros fundamentais como a Unidade de Atención Temperá, ou o centro de discapacitados da Fundación Eu Son, ou a Unidade de Drogodependencias, e xa pasaron catro meses desde a toma de posesión do novo goberno, co que non sabe cómo funcionan eses centros, que son estratéxicos en materia de servicios sociais, e demostra moi pouco interese polo seu traballo”.
“Por outra banda, as mulleres de Burela non dispoñen de información sobre os cursos de ocio e tempo libre que se veñen levando a cabo desde o CIM, pois a demanda é tan grande (preto de 200 inscricións), que desde fai moitos anos se desenvolven desde o Concello. Estas mulleres están completamente desinformadas”, afirman desde o GMP.
O Grupo Municipal Popular asegura que outras actividades van con moito retraso. “Non é entendible que deixando planificado e contratado o anterior equipo de goberno varias das actividades de servizos sociais, estas se vexan atrasadas no tempo ou nin se realicen. Así é que o programa ‘Áxilmente’ debería comezar a principios de setembro e comezou na segunda quincena, ‘Educando en Familia’ debería de comezar tamén a primeiros de setembro e as reunións coas nais e pais de nenos e nenas menores de 3 anos foron a finais de setembro, polo que dito programa comezará cun mes de retraso coa mellor das sortes, ‘Risoterapia’ debería comezar o 1 de outubro e, polo visto, tamén sufrirá retraso no seu comezo. Peor sorte corren ‘Bailes de Salón’, que nada se sabe deles”.
O GMP afirma que “hai outras actividades que parece que non interesan ó goberno socialista. Tampouco se coñece nada do programa de coeducación en igualdade ‘NiNi’, pois nun dos colexios foi realizado a finais do curso anterior e o outro quedou programado para comezos do presente. O mesmo ocorre coas Master Class sobre a curtametraxe contra a violencia de xénero ‘Cara a Cara’ que se realizou no primeiro trimestre deste ano e que foi estrenada na Casa da Cultura no segundo, sendo a finalidade de traballar temas de igualdade e prevención de violencia de xénero directamente coa xuventude. Estas Master Class deberían de ser programadas en setembro con ambos os dous IES de Burela, pero tampouco se teñen noticias”.
Segundo o GMP, “como se pode comprobar, é evidente a total ausencia de traballo por parte da concelleira delegada como é evidente que os servizos sociais non son unha prioridade para o actual equipo de goberno socialista”.
“Con este lamentable panorama queda demostrado que os Servizos Sociais Municipais quedan completamente á deriva co actual equipo de goberno, tendo como lamentable resultado que non só no se aumenten servizos á poboación, senón que nin se manteñan os que hai e o que é o peor pronóstico, que se poidan perdan. Os servizos sociais son un segundo prato (ou terceiro) na actualidade”.
Finalmente, lembran que “Burela sempre foi un referente en materia de servicios sociais porque o Concello conta con excelentes profesionais e porque sempre houbo continuidade no traballo e sempre se foron incorporando máis actividades, independentemente do color político, e así foi con Raquel Río, con Neves Cando e con Diana Durán. A actual concelleira, Patricia Otero, non o tén complicado e tampouco lle pedimos nada desmesurado, só traballar”.










A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.



