22 de outubro de 2015.- A escritora Rhodéa Blasón superou “con fartura as súas expectativas literarias” co seu novo libro. “Pedazos de mi alma” conseguiu ser éxito de vendas nos países de fala hispana e lectura recomendada en numerosos institutos de secundaria do territorio español como estudo literario do MICRORRELATO. “Pedazos de mi alma”, que xa alcanzou a 3ª edición, situouse no número 39 dos libros máis vendidos en ficción durante semanas tanto en Latinoamérica como en España. Todo un logro para unha escritora á que os críticos comparan xa con autores moi consagrados no ámbito literario dos relatos como a Premio Nobel de Literatura Alice Munro, Gabriel García Márquez… Rhodéa Blasón, pseudónimo da xornalista, columnista, investigadora e Antropóloga Social Rosamaría Fidalgo, é unha prolífica escritora, á que non só caracteriza a súa sinxeleza persoal senón a proximidade cos seus lectores que a queren pola súa sensibilidade e tenrura á hora de escribir, así como admiran a frescura dos seus textos. É unha gran experta en darlle profundidade aos personaxes que crea e en abordar os conflitos máis profundos que afectan á nosa sociedade actual.
Rhodéa Blasón non se encasilla en ningún xénero literario, xa que escribe desde novela ata Haikus, recibindo unhas críticas literarias extraordinarias polo seu traballo. Con “Pedazos de mi alma” a escritora galega conquistou o mercado hispano no que obtivo un gran éxito de vendas e de crítica.