5 de novembro de 2015.- O Consello da Xunta autorizou este xoves a cesión ao Concello de Burela da titularidade do treito da estrada que comunica o porto e o cuartel da Garda Civil deste municipio lugués.
O Concello de Burela solicitoulle á Deputación de Lugo o cambio de titularidade das rúas Eijo Garay, rúa Pascual Veiga e rúa Vilaestrofe, que se corresponden co treito comprendido entre os p.q. 0+000 (porto de Burela) e 1+200 (cuartel da Guarda Civil) da estrada de titularidade da Deputación Provincial de Lugo LU-P-1502. Este treito está situado no núcleo urbano de Burela.
Cómpre lembrar que a tenor do previsto no artigo 9.4 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, os cambios de titularidade das estradas ou treitos delas, cando non se trate de travesías urbanas ou treitos delas incluídos no inventario de travesías da administración titular, deberán ser aprobados por decreto da Xunta de Galicia. A proposta é efectuada polo departamento competente en materia de estradas, neste caso, a Consellería de Infraestruturas e Vivenda, logo do acordo entre as administracións afectadas.
Nese contexto, a Deputación Provincial de Lugo solicitoulle á Consellería de Infraestruturas e Vivenda o cambio de titularidade e o Goberno galego, logo de informe de ambos os organismos, aprobou este xoves o cambio de titularidade no Consello da Xunta de Galicia para a súa tramitación.
A entrega dos treitos formalizarase no prazo dos dous meses seguintes á publicación do decreto no Diario Oficial de Galicia (DOG) mediante a sinatura da acta de entrega.
























Actuarán Carlos Ares, Celia Becks, Futuro Alcalde e Alcalá Norte, e o sábado será a quenda de La M.O.D.A., Ángel Stanich, Puño Dragón e Repion. López destacou o impacto económico do festival, cun retorno estimado dun millón de euros, mentres que Rouco subliñou a súa importancia turística e a achega municipal de 120.000 €.
O evento celebrarase este sábado 25, de abril, na capital lucense. Durante a xornada matinal, o alumnado asistirá a clases impartidas por profesionais de distintas disciplinas, tanto do ámbito da danza clásica como da moderna. Pola tarde, ás 19:30 horas, o grupo da EMMeD subirá ao escenario do Auditorio Gustavo Freire xunto aos demais centros convidados, nunha actuación que servirá como peche desta xornada de convivencia e intercambio artístico.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



