O pentatleta internacional viveirense e triple medallista europeo, Cristóbal Rodríguez, conduciu o pasado fin de semana a un novo triunfo ao seu equipo, o Abanca da Coruña, do que é capitán, na Liga Nacional de Clubs.
A competición celebrábase no pavillón do Consello Superior de Deportes de Madrid con fortes rivais para o cadro galego. O primeiro encontro que tivo que librar o conxunto autonómico, foi contra o Club de Esgrima de Barallas que remataba tras un duro enfrontamento cun resultado de 45/37 a favor de “Abanca”. Así as cousas o posterior combate tivo que librarse co Club Esgrima Pozuelo que ao final se decantou tamén a favor do cadro galego que vencía por un 45/40, chegando así á final co potentísimo “Sala de Armas Montjuitc”, ó que pertenceu Rodríguez ata a pasada tempada.
Rodríguez, como capitán tivo que refacer toda a estratexia de combate para o que solicitou tempo para poñerse de acordo e consultar co Mestre Galego de Esgrima, Manuel Villadóniga, coñecedor das enormes dificultades que entrañaba o equipo de vencer ao do seu anterior club e anteriores compañeiros que se coñecían moi ben entre eles.
A estratexia foi arriscada e valente pero deu os seus froitos: Rodríguez abriría os combates e pecharíaos. O conxunto galego formado por Rodríguez (capitán), Xaquín, Yago, Manel e Mateo enfrontábase ao “SAM” de Barcelona e despois de duros combates chegaron ao último asalto onde Rodríguez volveu a tomar a espada cun tanteo en contra de 35/20 a favor do “SAM”, pero foi rabuñando tocado a tocado ata chegar aos últimos 15 segundos empatados a 44/44. A Rodríguez non lle valía o empate e provocou unha prioridade ao seu favor que lle deu a vitoria por 45/45 vencendo ó loitador que logra a prioridade, neste caso Cristóbal Rodríguez.
Ao remate do asalto o Mestre Villadóniga mostrábase moi satisfeito pola vitoria e comentaba ós medios nacionais e televisións autonómicas a dificultade enorme de provocar unha situación de prioridade como a que realizaba o mariñán para gañar, así, o combate.








A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.