Ribadeo, 9 de novembro de 2015.- En relación co proceso de regularización catastral que está a ter lugar no noso termo municipal, o Partido Popular de Ribadeo quere aclarar:
Primeiro.- Este procedemento ten por obxecto incorporar ao Catastro todos os bens inmobles non comunicados, que sufriron modificacións ou que foron valorados de xeito incorrecto ou incompleto, de tal xeito que a tributación destes sexa a que lles corresponde de acordo coa a súa realidade inmobiliaria actual evitando así futuras sancións, que poden superar os 6.000 euros.
Segundo.- Os padróns catastrais recollerán os inmobles regularizados co seu valor correspondente, pero son os Concellos os encargados de xestionar e liquidar o IBI (o Imposto de Bens Inmobles) máis coñecido como contribución. Ademais o Catastro realiza esta regularización porque así o pediu a Alcaldía, pois do contrario, non podería facelo.
Terceiro.- O procedemento de regularización dos valores catastrais o realiza directamente a Dirección Xeral do Catastro. Só implica un custe para o cidadán ao que se presta o servizo, en forma de pago ao Estado da taxa de regularización catastral (cuxo importe é de 60 euros por inmoble regularizado).
Cuarto.- Dentro dos marxes entre o tipo mínimo e máximo (Do 0,3 ao 1,30%) segundo a natureza do ben (urbano, rústico ou especial), os concellos poden fixar o tipo de gravame que acorden, polo que o Partido Popular espera que a Alcaldía opte polo tipo mínimo posible ou incluso pola conxelación na suba deste imposto.
Ben inmoble urban: Tipo mínimo 0,4 %, tipo máximo 1,10 %
Ben inmoble rústico: Típo mínimo 0,3 %, tipo máximo 0,90%
Ben inmoble especial: Tipo mínimo 0,4 %, tipo máximo 1,30 %
Quinto.- A maiores, o Concello ten facultade de regular nas súas ordenanzas fiscais unha serie de bonificacións previstas na norma, como por exemplo, en beneficio das familias numerosas cuxo porcentaxe pode ser de ata o 90% da cota íntegra do imposto. Os populares defenderemos que os veciños poidan beneficiarse do maior número de bonificacións posibles
Sexto.- Cando a situación económica está empezando a dar mostras de recuperación, pero a crise persiste en moitas economías familiares, o PP considera un erro que o Concello solicitase esta revisión catastral e que esta poida ter aparellada, se así o decide o Alcalde, que esperemos no o faga, outra suba importante das taxas municipais