Burela, 6 de decembro de 2015. A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello Burela iniciará 3 novos cursos de formación informática ao longo dos vindeiros días.
Este luns, 7 de decembro, dará comezo o curso Uso das Redes Sociais: Facebook, dirixido a persoas con coñecementos básicos de internet. Con esta actividade amosarase a crear e manexar unha conta na rede social facebook. Dito curso terá unha duración de 9 horas, impartirase de luns a xoves de 18.30 a 20.00 horas e finalizará o día 16 deste mes.
O xoves 10 iniciarase o curso Elaboración de presentacións (Básico), dirixido a persoas con coñecementos básicos de informática. Neste curso amosarase a crear presentacións de diapositivas mesturando texto, imaxes, formas e sons. O programa que se empregará para esta fin será o Impress incluído no paquete ofimático LibreOffice. O curso contará cunha duración de 6 horas, impartirase de luns a xoves de 16:00 a 17:30 e rematará o día 16 de decembro.
Por último, o 14 deste mes, comezará o curso Compras a través de internet, dirixido a persoas con coñecementos básicos de internet. Con esta actividade, os asistentes aprenderán a comprar a través de internet e poderán ver os diferentes métodos de pago neste tipo de compras. Este curso impartirase de luns a mércores en horario de 10.00 a 12.00 horas, terá unha duración de 6 horas e rematará o día 16.
Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades as persoas interesadas poden dirixirse á Aula CeMIT de Burela, sita na Casa da Xuventude – Rúa do Cancelo S/N, a través da páxina web https://cemit.xunta.es/ ou enviando un correo á dirección: cemit.burela@xunta.es.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



