A Mariña, 23 de decembro de 2015. A executiva comarcal do BNG reuniuse na noite deste martes para facer unha primeira análise dos datos de resultados obtidos nas eleccións xerais do pasado domingo.
Cuns números que amosan unha caída de apoios importante, pasando de ser terceira a quinta forza, o organismo comarcal do BNG cualificou os resultados como “malos, sen medias tintas”.
“Perdemos apoios e representatividade, polo que non podemos amosarnos máis que descontentos con estes resultados, que nos levan a unha situación que teremos que analizar para ser quen de reverter e volver a ser referencia tamén nas eleccións xerais”, afirmou a responsable comarcal, Ana Ermida.
“Está claro que as veciñas e veciños apostaron por un cambio a nivel estatal e desde a candidatura na que o BNG se integraba non fomos quen de facernos ver como parte necesaria para ese cambio”, aseguran. “A xente ten claro que para defender esta comarca, este País e os seus sectores, non hai quen o faga mellor que o BNG e as forzas que integre; pero preferiron priorizar un cambio xeral e nós non logramos facer ver a nosa utilidade nese contexto”.
“É unha mágoa que o nacionalismo galego cunha candidatura feita por e para Galiza como foi a coalición Nós – Candidatura Galega, quede fóra neste momento, porque de feito, se no Estado hai algunha posibilidade real de cambio e políticas opostas ao Partido Popular pasan, de novo, polos nacionalismos vasco e catalán e, mentres, Galiza volverá quedar fóra dos debates que se darán”, lamentan desde o BNG.
Desde a executiva comarcal do BNG anuncian que os resultados valerán para iniciar un proceso xeral de reflexión que terá que concluír coas modificacións que democraticamente decida a militancia.
Traballo na defensa da comarca e os seus sectores desde e onde corresponda
Con todo, desde o BNG móstranse en disposición de seguir na defensa de solucións para os grandes problemas da comarca como son o desemprego, as infraestruturas ou a sanidade e na defensa dos seus sectores produtivos, desde a pesca ao agro ou a industria “coma sempre fixemos e alí desde onde nos corresponda”.
“As veciñas e veciños seguen tendo referentes nos seus concellos, saben que as 40 persoas que representan ao BNG desde as últimas eleccións municipais seguen traballando e tamén os representantes noutras institucións coma Deputacións ou Parlamento Galego ou Europeo seguen cada día levando os problemas da nosa xente e tentando dar respostas aos mesmos”, afirma Ana Ermida.
“Sabemos que o proxecto nacionalista é necesario para este País e a súa xente e seguiremos traballando para recuperar os apoios perdidos e lograr situar a comarca da Mariña no centro dos debates”, conclúen.

















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



