Santiago, 22 de decembro de 2015.- Este curso 2015/2016, un total de 35 centros educativos públicos da provincia de Lugo contarán con clubs de lectura, que se enmarcan dentro dos 239 de toda Galicia. Entre eles, seis mariñáns: o IES Perdouro e IES Monte Castelo (ambos de Burela), o IES Plurilingüe San Rosendo (Mondoñedo), a EOI de Ribadeo, o IES María Sarmiento e o IES Vilar Ponte (ambos de Viveiro).
Así se desprende da recente resolución da convocatoria da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que ten por obxecto dinamizar a lectura entre os mozos e mozas nos centros de ensino secundario obrigatorio e postobrigatorio. Os detalles da resolución poden consultarse no seguinte enderezo web http://www.edu.xunta.es/portal/sites/web/files/resol_clubslectura_1516_final.pdf.
A Consellería destina un total de 200.000 euros -distribuídos entre os 239 centros- co fin de sufragar os gastos derivados do desenvolvemento das actividades previstas para o club de lectura. En concreto, as contías están destinadas, fundamentalmente, á adquisición de libros para realizar as diferentes accións, volumes que posteriormente pasarán a engrosar os fondos da biblioteca escolar.
Fomentar o hábito lector e a convivencia
Os clubs de lectura funcionan como un espazo integrador e de encontro no que alumnado, nais, pais e outros membros da comunidade educativa poden intercambiar opinións e experiencias lectoras arredor dun libro. Son, por tanto, unha clara oportunidade para fomentar o hábito lector entre os mozos e mozas, así como un entorno ideal para promover a convivencia harmoniosa no seo da comunidade educativa.
Asemade, os clubs están a funcionar, en moitos casos, como unha vía para descubrir os novos soportes para a lectura dixital, espazos para a experimentación con dispositivos electrónicos e formatos como os booktrailers, os blogues e as redes sociais.
O éxito desta actividade de dinamización da lectura tense demostrado na alta participación dos centros nesta e en anteriores convocatorias, así como por parte dos participantes nas Xornada dos Clubs de lectura, unha xuntanza anual que se vén organizando para fomentar a reflexión conxunta e o intercambio de experiencias arredor desta actividade. Ademais, ao abeiro destes clubs creouse un premio co obxectivo de recoñecer á escritora ou escritor galego máis lido nestes espazos no pasado curso, en sinal de agradecemento á súa contribución e axuda na consecución de lectores en galego.
A biblioteca como espazo fundamental
Neste contexto, a biblioteca escolar xoga un papel fundamental dentro do centro educativo para desenvolver e afianzar o hábito lector entre o alumnado. A Consellería, a través do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE), ao que este ano xa están adheridos 575 centros, está a transformar e potenciar os usos da biblioteca co obxectivo de que funcione como un centro de recursos interdisciplinar de apoio ás aprendizaxes. De feito, trátase dun espazo que fomenta a adquisición de competencias clave e, ao mesmo tempo, favorece a integración das TIC nun contexto de alumnos e alumnas xa nativos dixitais.




















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



