Santo André de Boimente, 21 de decembro de 2015.- O sábado 19 de decembro o Centro Socio-Cultural de Sto. André de Boimente abriu as súas portas un ano máis para celebrar a última edición da Festa de Nadal-2015, organizado polo colectivo de mulleres de Santo André de Boimente.
Máis dun cento de socias, familiares, veciños e amigas de Viveiro participaron nesta festa navideña un tanto particular e se cadra unha das máis atípicas das que celebrou o colectivo feminino “Fraga das Saímas” nas súas anteriores edicións, onde a música, o humor, e os sorteos non faltaron ao longo dunha noite carga de emocións e sorpresas.
A Presidenta, Flor Chao, durante o seu discurso de benvida aproveitou para agradecerlle a todas as amigas e amigos que ao longo destes anos de imparable actividade non só apoiaron todas e cada unha das nosas iniciativas senón que tamén se divertiron, disfrutaron e animaron as nosas festas. e dixo sentirense “moi orgullosas e satisfeitas de ter feito durante todos estes anos o noso traballo con moito amor e moito humor porque como di o Dr. Adam “ O humor, o amor e a creatividade son os compoñentes fundamentais dunha vida sana” e por iso quixemos que esta noite tan especial fora unha noite de festa 100% en clave de humor, alegría e diversión” destacou a presidenta antes de presentar ao caricaturista vigués Michel (Caricaturas en Vivo) que ao longo desta noite inolvidable estivo facendo caricaturas a todas @s convidado@s que quixeron levarse un recordo moi especial do paso pola asociación.
Desde ás 19.30h., que deu comezo a Festa, ata pasadas a media noite o colectivo Fraga das Saímas sorteou 10 agasallos e 3 grandes Cestas Navideñas, entre baile e baile e entre chiste e chiste, contados pol@s participantes do Concurso de chistes cortos de Nadal e cuxas gañadoras foron as socias do colectivo feminino Chelo e Olga e o viveirense Paco.
A partir das 21.30 h. @s convidad@s deron boa conta dunha suculenta cea de confraternidade servida polo restaurante O’Val do Naseiro, cuxos camareiros, xefe de cociña e Directora foron agasallados durante os postres cunha grande ovación, en palabras da propia presidenta “polo excelente servizo prestado á nosa asociación ao longo de tantos anos, pola vosa profesionalidade e o voso trato inmellorable”.
Esta celebración navideña prolongouse ata pasadas as 3.30 h. da madrugada, onde os máis festexeiros remataron a velada bailando ao son do ritmo da música do dúo máis querido pola asociación o Dúo Suso, que animaron con entusiasmo e sen parar a un público moi entregado ao baile e ao divertimento.





















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



