Lugo, 22 de decembro de 2015.- A voceira do Grupo Provincial do PP de Lugo, Elena Candia, lamenta o descontrol que se continúa a dar no Goberno provincial “incapaz de presentar uns Orzamentos para o próximo ano” a través dos que se dean resposta ás necesidades dos lucenses “esquecidas durante meses polos nacionalistas e os socialistas”.
O Grupo Provincial do PP na Deputación de Lugo urxe a través dun escrito ao bipartito que presente as contas que van permitir facer investimentos en todos os concellos de Lugo no próximo ano, un compromiso irrenunciable que o PP selou coas corporacións locais cando estivo no Goberno.
A voceira dos populares explica que o vindeiro martes celebrarase o pleno ordinario e a día de hoxe entre as convocatorias de comisións informativas non figura a da presentación dos orzamentos para 2016, por iso “remitimos hoxe un escrito dirixido ao presidente da institución esixíndolle que remita o Orzamento xeral para 2016 ao pleno da Deputación antes do 31 de decembro”
Candia di que a elaboración dos orzamentos “non é un opción, é unha obriga” e máis cando “estamos a falar do principal instrumento para dinamizar a economía da provincia e realizar investimentos alí onde o precisen e o demanden os concellos”.
Elena Candia asegura que “non podemos permitir que a institución siga bloqueada polas súas liortas internas mentres na provincia hai numerosas necesidades que atender”. A voceira di que o PP tería aprobado os Presupostos en prazo, “sen perder un só día para darlle solucións aos nosos veciños e veciñas”.
Os populares lembran que tiñamos un proxecto sólido e un compromiso con todos os concellos de Lugo e “está claro que o Goberno bipartito non o ten, segue preocupado polos seus intereses políticos e persoais mentres se acumulan as urxencias e as faltas de resposta aos lucenses”.
O Grupo Provincial do Partido Popular non entende que foi o que o presidente da institución presentou no Parlamento galego cando, máis dun mes despois, “non coñecemos aínda nada do que anunciou a pesar de que só faltan 9 días para que remate o ano”. Candia lamenta ademais que a de Lugo sexa a única Deputación de toda Galicia na que aínda non se aprobaron as contas e “nós imos actuar con responsabilidade, porque o piden os veciños e os alcaldes, e esiximos uns orzamentos aprobados na maior brevidade posible”.
Incumprimento dos prazos
A voceira do PP lamenta que a normalidade democrática da que tanto presumen os socialistas e os nacionalistas “estea a quedar en papel mollado” e non lles é coñecida ningún tipo de acción para sacar adiante as contas, nin tan sequera foron quen de establecer un diálogo co grupo maioritario da oposición co obxecto de precisar un proxecto de Orzamentos “dirixido a atender ao que verdadeiramente os lucenses piden”.
O PP recorda que o Presuposto debía ser remitido e informado pola Intervención ao pleno da corporación antes do día 15 de outubro para a súa aprobación, emenda ou devolución. Tras a exposición ao público a aprobación definitiva tiña que ter sido antes do 31 de decembro.


















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



