Pasado practicamente o ecuador do Nada, o Concello de Xove continúa coas actividades programadas:
Festa Infantil de Fin de Ano
Este xoves 31 de decembro en horario de 11.00 a 13.00 horas desenvolverse no Pavillón Municipal de Deportes de Xove a festa infantil de fin de ano. Na mesma, os nenos/as asistentes van disfrutar dunha auténtica festa, con uvas, campanadas e champín.
Actuación do Grupo de Teatro de Sombras Luz, Micro y Punto coa obra “ON EL FUNAMBULISTA”
Esta actuación vaise desenvolver no Salón de Actos do Centro Cívico xa o vindeiro ano, concretamente o domingo, 3 de xaneiro a partires das 19.00 horas. Trátase dun espectáculo axeitado para tódolos públicos, en especial para nenos/as de 4 anos en diante.
Esta actuación, cunha duración aproximada dunha hora, entra dentro do chamado teatro de sombras.
Día do Neno
O tradicional día dedicado a tódolos nenos/as polo Concello durante o Nadal vaise desenvolver o vindeiro luns, 4 de xaneiro, na Piscina Municipal e no Pavillón Municipal de Deportes con arranxo ao seguinte programa:
-Xogos Acuáticos na Piscina Municipal de 11.00 a 14.00 e de 16.30 a 19.30 horas.
-Inchable no Pavillón Municipal de Deportes de 16.00 a 20.00 horas.