O Burela FS Pescados Rubén regresou á pugna ligueira con contundencia na Tarde Laranxa, recuperando a senda da vitoria (5-1), ante un mozo Gironella que saltou a Vista Alegre con valentía e ambición, intentando ralentizar o xogo das mariñás cunha presión alta.
O conxunto de Lucas non perdoou na súa primeira chegada clara á zona de perigo visitante; desde a banda, Bea Mateos cedeu o gol a Peque, ao bordo da liña de meta. Ceci, ao pau no 3, e Bea Mateos, no 4, freada desde o chan por Saray. Andrea non tatexou nun par de chegadas con perigo das catalás e de novo a implacable Peque volveu ver portería, en parede con Gaby, tras desmarque da brasileira (minuto 14). O Gironella puido frear a calidade laranxa cunha presión alta en busca de ocos na defensa local. Berta Velasco reduciu distancias a falta de dous minutos para o descanso asistida por unha talentosa Stela en contraataque. A bucina marcou a chegada do descanso cunha oportunidade de ouro para Ceci ao bordo da liña de meta, asistida por Gaby.
Regresou a contenda sobre a pista con máis fame de máis gol. Laura evitou a tentativa de Peque pero a 7 burelista volveu buscar a meta defendida por Noelia no segundo período; tras superar a defensa catalá, outorgou o gol desde a banda para Lara (minuto 24). Stela, unha das xogadoras máis dinámicas do Gironella, intentou sorprender a Jozi cunha vaselina, sen éxito. Rozando o ecuador do último tramo, Gaby, pegada ao pau, asinou o definitivo 5-1, desde saque de esquina de Peque que recolleu de volea Maite.
Semana de podio
As burelistas volverán á liga este martes, día 8, con duelo irmandiño moi rifado na pista do Ourense Envialia (17.00 horas). Tan só catro días despois, o líder madrileño recalará en Vista Alegre (sábado 12, 18.30 horas).
Ficha técnica
CD Burela FS Pescados Rubén: Andrea, Peque, Ceci, Bea Mateos, Maite, cinco inicial; tamén xogaron Gaby, Lara, Judith, Jozi
FS Gironella: Saray, Stela, Celia, Helena, Julia, cinco inicial; tamén xogaron Berta Velasco, Laura, Cristina, Zoe, Iris, Noelia
Goles: 1-0, minuto 2, Peque; 2-0, minuto 14, Peque; 3-0, minuto 15, Maite; 3-1, minuto 18, Berta Velasco; 4-1, minuto 24, Lara; 5-1, minuto 29, Gaby;
Árbitros: Muñoz García // Fandiño Rodríguez (Asturias). Por Gironella amarela para Celia (minuto 30)
Incidencias: Partido correspondente á novena xornada de Primeira División RFEF, disputado en Vista Alegre. Arredor de 500 espectadores.
























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
