Burela, 10 de decembro de 2015.- O goberno local de Burela vai instalar na praza da Mariña unha carpa de 500 metros cadrados para que a Acia, as o propio Concello e a asociación Ledicia a usen nas actividades que organicen este Nadal. Así o anunciou o alcalde, Alfredo Llano, que xestiona ademais a compra dunha carpa para o Concello a partir de 2016.
O rexedor sinalou que “colocaremos unha carpa de 500 metros cadrados aproximadamente dende o 21 ou 22 de decembro, ata o 6, 7 ou 8 de xaneiro, cando estará xa todo rematado. Imos colocar unha carpa dese tamaño porque nos parece interesante tratar de facer diversas actividades nas vacacións do Nadal, vainas programar Acia, os comerciantes teñen as súas actividades e xa nos pediron a nosa colaboración para usar esa carpa; vaina empregar tamén o propio Concello, que vai realizar diversas actividades alí, sexan para o público infantil ou para todos, e logo as diversas asociacións, sobre todo Ledicia, que vai facer uso desa carpa algún día”.
Alfredo Llano indicou que “diversos colectivos nos pediron colaboración e o Concello vai intentar favorecelos, con 500 metros cadrados nesa praza é máis que suficiente para as actividades que se poden programar durante as vacacións”.
Ademais, o alcalde subliñou que “o Concello está xestionado a compra dunha carpa en propiedade, porque derivado de tanta actividade que se pode xerar é moi demandada polo propio Concello, polas asociacións e pola Acia, así que imos intentar mercala. Estou xestionando cunha empresa que fabrica carpas a ver como pode saír, cantos cartos pode valer e cantos metros cadrados pode ocupar e cal é a que máis nos convén ir mercando. Así que xa teremos noticias en caso de que se chegue a realizar esta compra para o ano que vén”.








O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



