Burela, 10 de decembro de 2015.- O Concello colocará a partir do próximo mes de xaneiro dous novos contedores de aceite usado naqueles puntos da vila onde sexa máis necesario. Cos dous novos recipientes serán xa 12 os depósitos habilitados para este fin no municipio. Ademais, segundo informou o alcalde burelés, Alfredo Llano, os veciños poden depositar nestes contedores tamén os envases, sempre que non pasen dos 5 litros, e deste xeito evitar deixalos ao pé dos colectores, algo que afea e ensucia a vila.
O rexedor lembrou que “Burela foi pioneira en colocar contedores para recoller aceite que está xa usado e non serve para cociñar. Parécenos unha boa idea, xa nos pareceu daquela, poñer unha serie de contedores para que se puidera depositar o aceite, aínda que o xeito en que se facía mudou. Antes só se introducía o aceite, o líquido, e agora poden meterse tamén os envases. Creo que é moi positivo para todo o mundo, especialmente para o medio ambiente”.
Alfredo Llano explicou que “eses contedores foron mellorando no seu aspecto mecánico e de volume, con todas as vantaxes que traen as novas formas de facer as cousas. Agora os veciños de Burela poden depositar o aceite e o envase tamén no que o levan, se levan unha botella dun litro ou litro e medio pódena depositar, o envase pode ser de ata cinco litros como máximo. Máis litros non porque, evidentemente, ao mellor habería algún problema”. O alcalde dixo que “ás veces séguese introducindo o aceite como se facía antigamente e despois moita xente deposita ao lado do contedor os recipientes que levan e iso non pode ser, é mellor que os envases se depositen tamén nos contedores, aceite e envase, que non pasa nada”.
Llano dixo que “como hai algún contedor que está funcionando a grande rendemento, agora mesmo hai 10 en Burela para recibir e reciclar aceite, imos colocar dous máis, posiblemente a partir do mes de xaneiro, nas zonas nas que se enchan máis rápido. Imos colocar nesas zonas onde sexan máis empregados outros de reforzo e imos ter 12 contedores, creo que é unha boa cantidade para Burela”. E engadiu: “estámonos aproximando aos 3.000 litros este ano e é unha boa cifra para ter en conta. Hai que felicitar á xente que o está empregando, non á hostalaría, á xente particular que está empregando este servizo. Están facendo unha boa labor co medio ambiente porque é unha boa maneira de poder reciclar este aceite. A partir de xaneiro máis ou menos haberá un reforzo, pero é importante incidir en que agora poden introducir tanto o aceite como o envase, todo xunto, que non pasa nada, e que non deixen, se fan o favor, os recipientes ao pé do contedor porque dan mal aspecto, sempre rompen e ensúciase a zona onde están depositados”.





















A celebración está organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e conta co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.



