Viveiro, 12 de decembro de 2015.- Algúns veciños dos barrios de Covas (A Cruz, Granxas e Rúa Pedregal) fixeron chegar ao PP viveirense as súas queixas pola falta de sinal de TV a partir de pola tarde-noite das canles de televisión 13TV, Paramount, Discovery Max e Disney Channel. Isto vén acontecendo desde fai uns 12 días, motivo polo cal o xoves día 10 pola mañá se deu o correspondente aviso de avaría nas oficinas do Concello.
Descoñecen desde o PP de Viveiro se hai máis zonas con esta mesma problemática, así como cal é o motivo da falta de sinal nas citadas canles, polo que esperan que Goberno local proceda a darlle unha solución o máis pronto posible.