Lugo, 12 de decembro de 2015.- O portavoz do GPP no Senado e presidente do PP de Lugo, José Manuel Barreiro, transmitiu este sábado o pésame ás familias dos dous policías asasinados en Kabul e asegurou que debemos sentirnos moi orgullosos das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado que traballan pola nosa “liberdade e seguridade”. Barreiro asegurou que o terrorismo “só pode combaterse coa unidade de todos os demócratas e reafirmando cada día a superioridade dos valores de democracia e liberdade fronte á sinrazón e o fanatismo”.
O líder do PP de Lugo fixo estas declaracións na visita ao aeródromo de Rozas en Lugo, na que estivo acompañado polo Conselleiro de Economía, Francisco Conde. O portavoz do GPP no Senado pediu a Albert Rivera que non “sexa demagogo e non sexa o quen utilice o terrorismo en campaña para conseguir réditos electorais”.
Neste sentido José Manuel Barreiro recordou que o Partido Popular sempre loitou contra e terrorismo da man de “os nosos socios e aliados” e que continuará facéndoo “porque a primeira obriga dun goberno sempre é velar pola seguridade de todos os españois”. Así mesmo, Barreiro insistiu en que fronte aos riscos que ameazan as nosas sociedade e as nosas liberdades, Rajoy é o único que pode aportar a seguridade e a estabilidade que necesita España.
Na recta final de campaña o líder do PP en Lugo sinalou que hai dous motivos claros para votar ao PP; primeiro “porque os nosos valores son os da maioría: fronte ás propostas radicais duns e as ocorrencias doutros, o PP pon en valor os trazos positivos da sensatez e moderación que definen ao pobo español”.
En segundo lugar “poque a solvencia e a experiencia do noso presidente dannos seguridade a todos”. O candidato popular ao Senado por Lugo subliñou que “moitos critican que os políticos teñamos experiencia”, pero o verdadeiro problema, dixo, “sería deixar o país en mans de telepredicadores, que están máis pendentes de autobautizarse como nova política que de resolver os problemas de España”.
Aposta pola industria e a innovación
No transcurso da visita ao aeródromo, José Manuel Barreiro recordou que os anos do goberno do Partido Socialista resultaron “moi perxudiciais para a industria e a innovación”. Barreiro explicou que o noso sector industrial perdía continuamente competitividade fronte ao exterior. Segundo o Banco Mundial, entre 2006 e 2011 o peso do PIB industrial caeu 6 puntos porcentuais, o que supuxo o peche de máis de 177.000 empresas.
O líder do PP de Lugo subliñou que a política industrial foi un dos eixos centrais da política económica do Partido Popular. Na actualidade, a industria é o sector que realiza o maior esforzo en innovación e I D, ao redor do 49%, e xera máis de 2,3 millóns de empregos.
“Galicia foi unha parte importante desa política industrial do Goberno de Mariano Rajoy”, afirmou o portavoz popular no Senado e recordou que nesta lexislatura o Goberno Central investiu na nosa comunidade 250 millóns de euros en diversos proxectos de fomento do I D I.
Apoio ao aeródromo de Rozas
José Manuel Barreiro destacou os 55 millóns de euros investidos pola Xunta de Galicia para converter ao centro de investigación aerotransportada de Rozas no centro líder de investigación de drones para uso civil en España e en Europa. “Isto é un exemplo de como se pode impulsar a innovación desde as administracións públicas”, matizou. “Este investimento nun dos sectores económicos máis innovadores e con máis perspectivas de futuro da actualidade será un importante motor económico e impulsará a economía da provincia de Lugo”, concluíu Barreiro.
Unha vez finalizada a visita, o presidente do PP de Lugo e o Conselleiro de Economía desprazáronse ata Mondoñedo onde mantiveron un encontro con simpatizantes e afiliados da comarca.


















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continúa con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.



