Burela, a 21 de decembro de 2015.- “Tendo en conta que a situación política que estamos a vivir é inédita tanto a nivel nacional coma a nivel municipal, e tendo en conta eleccións precedentes, os resultados que acadamos o domingo son satisfactorios”, afirman desde o PP burelés como primeira valoración das eleccións xeráis.
Os populares consideran que “o PP local partía duns datos complexos e contradictorios: o tope que acadamos nas xeráis de 2011, e os malos resultados das municipáis do presente ano. E en base a estas premisas debe facerse a análise dos resultados do domingo, que consideramos bós, satisfactorios, ainda que sen fogos de artificio”.
O seu presidente quixo “agradecer profundamente a confianza posta en nós polos votantes; ainda que non quero esquecerme do traballo dos interventores, apoderados, afiliados e simpatizantes que participaron activamente na campaña, e por suposto do traballo feito pola nosa compañeira Mary Fraga, que formaba parte da candidatura ó Senado”.
Para o presidente local dos populares e actual portavoz municipal, José María González Barcia, “volvemos a ser a primeira forza política, algo que o PP foi sempre neste concello desde 1991, agás nas últimas municipáis. E volvemos a selo cunha porcentaxe, o 37’55% (1.860 votos), que sen dúbida non é a millor que temos tido, pero que nos permite sacarlle 13 puntos á segunda forza política, En Marea (1.225 votos), e sacarlle 17’2 puntos ó PSOE (1.010 votos), que agora é a terceira forza política”.
Segundo o presidente local dos populares, “está claro que o PP tén unha base mui sólida de votos no noso concello, e sen dúbida a maior implantación que poida ter calquera outro partido. Se ben é certo que perdemos moitos votos con respecto ás xeráis de hai catro anos, non é menos certo que recuperamos cincocentos con respecto ás municipáis. O noso obxectivo tén que ser consolidar o que agora estamos recuperando, con traballo interno e externo”.
O portavoz municipal engadeu que “a nosa porcentaxe de votos é semellante á de concellos urbanos na nosa provincia, e mui parella á media galega, anque inferior á media provincial”.
González Barcia indicou que “o resultado do PSOE debería inquietar ós socialistas: gobernan o concello, e non puideron, non souberon, ou as dúas cousas, rentabilizar ese goberno; e eso que xa levan medio ano teóricamente tomando decisións. Ainda que semella que a política de palmadita no hombro e cañita non chega para manter resultados, cando falta xestión. E eso que están subidos na nube, pensando que a lexislatura vai ser eterna”.
O portavoz popular considera que “En Marea agora mesmo é unha realidade, pero descoñecemos cales son as súas propostas a nivel municipal, e tamén os propoñentes. Cando eso aconteza, veremos o qué pasa”.
Para Barcia, “o resultado de Ciudadanos (8’9% e 442 votos) non nos sorprende, xa que a súa implantación é escasa en Burela; tanto é así, que o pretendido candidato municipal, indo nas listas ó Senado, non foi capaz de ser o primeiro máis votado do seu partido no noso concello. No que se refire ó BNG (227 votos, 4’58%), semellan non estar no seu millor momento, e todo apunta a que resultados que tiveron non hai moito foron máis froito das circunstancias que de acertos do propio BNG”.
O portavoz do PP no concello manifestou que “as bases do partido no noso concello salen reforzadas cos resultados de ontes, o que vai traer consigo que desde o propio partido, e fundamentalmente desde o grupo municipal, intensifiquemos a nosa liña de traballo como oposición municipal, traballando con humildade pero con firmeza, redefinindo esa liña de traballo ó longo do vindeiro ano, tamén a nivel interno do propio partido”.


















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



