O conductor dun turismo era detido na madrugada do 10 de xaneiro tras sufrir unha saída de vía na N-642, á altura do quilómetro 43,100, á súa entrada na localidade de Burela. O conductor, ante os síntomas que presentaba e ao ter sufrido un accidente, foi sometido a unha primeira proba de detección de alcoholemia que mostraba un resultado de 0,93 mg/l. Despois, negábase a realización da segunda proba establecida legalmente para, posteriormente, agredir a un dos axentes.
Isto motivaba a inmediata detención do mesmo, procedéndose á instrucción de dilixencias por parte do Destacamento de Tráfico en Burela.
O detido pasou a disposición xudicial, sendo acusado de varios delitos entre os que se atopan os de atentado contra axente da autoridade, conducción baixo a influencia de bebidas alcohólicas e negativa a someterse ás probas legalmente establecidas para a comprobación das taxas de alcoholemia e presenza de drogas tóxicas.