Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron este xoves pola tarde a un traballador autónomo que caeu dunha altura duns catro metros, aproximadamente.
O home estaba a realizar traballos de albanelaría nunha fábrica situada no lugar da Devesa, en Ribadeo; cando, por razóns que aínda se descoñecen, caeu ao chan.
O ferido foi evacuado por unha ambulancia de Urxencias Médicas ao centro hospitalario de referencia. Tras recibir a alerta ás 16.30 horas, os xestores do 112 Galicia informaron aos axentes da Garda Civil e aos membros de Protección Civil de Ribadeo.