Xove, 28 de xaneiro de 2016.- Excelente xornada cun sol espléndido ata última hora da tarde. Campo en boas condicións. Moi boa participación con 38 inscritos.
Liga Senior Masculina.- Grazas á súa victoria, o vixente campión Arturo Vigo accede á cuarta posición con 66 puntos, a costa de Javier Rodríguez, quinto con 61. Trrátase da terceira victoria de Arturo nas últimas cinco tiradas, pero que seguramente no lle van ser suficientes para achegarse ao líder, pero sí ten a segunda e, sobretodo, a terceira posición a tiro.
Rafael González, co seu terceiro posto sigue ampliando a súa diferencia con respecto aos seus máis inmediatos seguidores, e agora ten a Sócrates a 23 puntos e a Francisco Pérez a 35. A falla de 5 tiradas, a Rafael bastaralle con seguir puntuando regularmente como ata agora para seguir mantendo esta importantísima renda. Rafa está a facer unha tempada moi regular, sendo o único xogador da categoría que puntuou en tódalas tiradas.
Liga Senior Feminina.- Sigue a loita cerrada entre Salomé Cardoso e Belén Meitín, quen lle recortou un punto á líder, que puideron ser máis se Dolores Baño non gañara, quitándolle ademáis a bolada. Por abaixo, sigue tamén a pelexa entre Salomé Bermúdez (43 puntos) con Carmen Roca (31 puntos) pola terceira posición. Nesta ocasión Salomé consigue sacarlle un punto a Carmen, pero bueno, quedan 5 tiradas, e todo pode suceder nesta categoría.
Liga Sub 16.- Nova victoria, e terceira nas últimas 4 tiradas, de Miguel López, quen está atravesando un gran nivel de forma. Pero bueno, a falla de 5 tiradas parece difícil que lle poida restar o 17 puntos de diferencia que lle saca Daniel; a este último chégalle con ir puntuando nas tiradas que queden para proclamarse campión por segundo ano consecutivo. A emoción nesta categoría está entre Julia López, Javier Alonso e Juan Manuel Ferro, que con 23, 22 e 20 puntos respectivamente, está a disputarse o posto que queda libre no caixón final, ousexa, o terceiro.
A vindeira tirada vai ter lugar no Centro Social do Cruceiro, o 30 de xaneiro de 2016.