A Asociación Cultural Mariñá “OS AVENTADOS” dará a coñecer este martes 1 de marzo no salón de actos do Complexo Cultural Regalxunqueira, en Viveiro, o nome dos premiados co ÁRDELLE O EIXO, ÁRDELLE O CARRO, A TODA UNHA VIDA, E Á CALIDADE DOS ESTABLECEMENTOS DE HOSTELERIA no 2015.
O premio ÁRDELLE O EIXO para aquela persoa, animal ou cousa do norte galego que se distinguiran pola súa labor social, política, artística, deportiva, industrial, medioambiental e de conservación do patrimonio.
O premio ÁRDELLE O CARRO dedicado a aquela persoa, animal ou cousa do norte galego que se distingue o cavo do ano pola sua nefasta xestión no ámbito social, político, artístico, deportivo, industrial, medioambiental e de conservación do patrimonio.
Os premios seran en ámbolos casos unhas esculturas de cerámica do compañeiro en argalladas Otero Regal e non levaran consigo ningunha gratificación económica nin lucrativa.
Fai catro anos tamén se creaban os premios A TODA UNHA VIDA dedicados a unha persoa pola súa traxectoria profesional, social, vital e persoal. E un dos distintivos con “A” (de Aventados) DE CALIDADE, a tres, hoteleiros, hostaleiros e restauradores da Mariña de Lugo.
En anos pasados foron premiados, Díaz Pardo, Ramón Pernas, Jesús López (exalcalde de Xove), Carlos Novo Cal, Jesús Fernández, Restaurante Boavista, Restaurante O Asador ou Restaurante de Cordido, entre outros.
E no aspecto negativo os premiados foron: a masiva plantación de eucaliptos, os transfugas políticos, a destrucción do patrimonio histórico e monumental, o alcalde de Barreiros, por permitir a destrucción urbanística no seu concello, Urdangarín, como símbolo da corrupción, entre outros.
Os premios son de carácter anual e para outorgalos tódolos socios de OS AVENTADOS poden propoñer as persoas que cren merecentes dos mesmos. Con esas propostas un xurado nomeado pola xunta directiva escolle os galardonados.