Foz, 10 de marzo de 2016.- Dende a asociación A Ribeira de Foz queren mostrar agradecemento a Portos, pois este xoves comezaron as obras no peirao de Porto Chico, coa retirada das rochas que se foron desprendendo dos diques co paso dos anos. Rochas que de baixamar impedían a saída e entrada dos atraques de algunhas das embarcacións amarradas nos pantaláns deste peirao. Esta era unha das peticións do colectivo a Portos, e por isto alégralles ver que a están a levar a cabo, e de que nesas instalacións portuarias de Tupide, se vaia mellorando pouco a pouco para poder chegar a equipararse con outras instalacións similares.
Din desde a Asociación: “Temos a esperanza e confiamos en que antes de que chegue a época estival Portos poña nestes pantaláns as torretas coas tomas de auga e electricidade, tan demandadas durante anos por os usuarios de este peirao, e que son básicas para poder conservar e manter as embarcacións en un estado óptimo, igualaranse deste xeito un pouquiño mais as instalacións de Porto Chico, coas dos peiraos veciños e así pouco a pouco mellorar e facilitar que o turismo de embarcacións foráneas poidan visitar Foz e ter estes servizos o seu alcance.
Por todo iso esperamos en que se poña a firma para autorizar a sua instalación”.