Lugo, 10 de marzo de 2016.- O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, o Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, e a Alcaldesa de Sarria, Pilar López, e o Secretario Xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao reivindicaron e argumentaron este xoves a necesidade de que de a provincia de Lugo sexa prioritaria na Eurorrexión. Fixérono tras unha xuntanza de traballo na que valoraron que esta medida é fundamental non só para Lugo, senón para toda Galicia.
Na reunión, quedou de manifesto a necesidade de que a provincia de Lugo teña un papel máis activo na economía da Eurorrexión para o que se precisa, entre outras cuestións, conexións ferroviarias modernas. Neste senso, demandaron como prioridade “a conexión ferroviaria entre Lugo e Ourense”.
Sinalaron que o Porto Seco de Monforte é un dos eixos do seu desenvolvemento, xa que sería o nodo loxístico dos transportes de mercadorías dende e cara os portos galegos de Interese Xeral do Estado (Vigo, Marín-Pontevedra, Vilagarcía, Coruña e Ferrol-San Cibrao), que no pasado 2015 moveron, no seu conxunto, un total de 34 millóns de toneladas.
Ademais, o nodo loxístico de Monforte permitirá que as mercadorías enlazasen por ferrocarril en Palencia coa liña de alta velocidade para mercadorías entre Aveiro-Salamanca-fronteira francesa e o resto de Europa, considerada prioritaria pola UE dentro da Rede Europea de Transportes, o que o fará máis competitivo. Deste xeito sumaríanse así sinerxías cos portos que estarán en mellor disposición de captar novos tráficos marítimos que naveguen dende Asía polo novo Canal de Panamá.
O Alcalde Monforte, José Tomé Roca, lembrou que o tren sempre foi fundamental para o desenrolo e a vertebración da provincia, e denunciou que a dia de hoxe esta infraestrutura viaria esta abandonada e esquecida polo Goberno de Feijoo.
Os representantes anunciaron ademais que están a traballar para que a cidade de Lugo acolla a sede dos xogos do Eixo Atlántico, que se celebrarán no 2017.


























Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Están organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofrecen tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.



