Lugo, 4 de marzo de 2016.- A Deputación de Lugo crea a primeira Comisión Provincial de Transparencia de Galicia. Así o aprobou este venres a Xunta de Goberno. O voceiro provincial socialista, Álvaro Santos Ramos, destacou que “hai xa varios meses que puxemos en marcha o Portal de Transparencia, adiantándonos á entrada en vigor desta lei, e cando outras administracións, como a Xunta de Galicia, aínda non ten o seu. Polo de agora, 43 Concellos da provincia se sumaron a esta ferramenta web. Hoxe damos un paso máis en prol de acadar institucións máis abertas e transparentes, acordando a creación da primeira Comisión Provincial de Transparencia de Galicia”.
O voceiro explicou que a Comisión estará composta por 5 membros; un Alcalde dun Concello de máis de 10.000 habitantes e outro de menos de 10.000, que serán elixidos democraticamente entre os 43 rexedores dos municipios sumados ao Portal de Transparencia. Tamén formarán parte da mesma un representante da Deputación e dous técnicos do organismo provincial.
Código de Bo Goberno e Regulamento de Participación Cidadá
Santos Ramos salientou que “a primeira función da Comisión será, ademais, de coordinar todas as actividades e informacións que deben facerse públicas no Portal; mellorar o Código de Bo Goberno, que xa ten adiantado a Deputación; así como crear un Regulamento de Participación Cidadá, que se incluirá no propio Regulamento Orgánico da Deputación co obxectivo de afondar na transparencia e na participación cidadá na xestión provincial”.
43 Concellos
Os 43 Concellos son Negueira de Muñiz, Ribeira de Piquín, Muras, Triacastela, Ribas de Sil, Folgoso do Courel, Trabada, As Nogais, Navia de Suarna, Baleira, Riotorto, Samos, O Páramo, Cervantes, Rábade, Portomarín, Meira, Pol, O Incio, Paradela, Xermade, O Valadouro, Lourenzá, Sober, A Pontenova, Abadín, Baralla, Láncara, Becerreá, Begonte, A Pastoriza, Quiroga, Palas de Rei, Monterroso, Mondoñedo, Friol, Castro de Rei, Guitiriz, Chantada, Viveiro e Monforte de Lemos
Bolsa de emprego da Deputación
A Xunta de Goberno aprobou a contratación dun total de 38 desempregados lucenses, a través do Ben Empregado. Traballarán como dependentes de comercio en Lugo; peóns gandeiros e agrícolas na Pastoriza, Pol, Lugo ou Becerreá; deseñador gráfico en Lugo; condutores de camión no Valadouro ou Xerocultor na Fonsagrada, entre outros. Ademais, tamén se acordou unha nova entidade beneficiaria desta programación de emprego, que solicita un Avogado Junior para traballar en Lugo.
Declaración Institucional no Día da Muller
A Xunta de Goberno tamén aprobou unha declaración institucional con motivo do Día Internacional da Muller, que se celebrará o vindeiro 8 de marzo, data na que o organismo provincial ten convocada unha “Quedada Reivindicativa pola Igualdade de Xénero”, ás 19:00 horas na praza de San Marcos.


















Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.



