Viveiro, 8 de marzo de 2016.- A Xunta Directiva da Irmandade do Sete Palabras, no seu labor de informar e facer partícipes aos seus confrades da súa situación actual, proxectos, actividades e estado de contas, á vez que establecer un foro de participación onde todos podan expor as nosas preocupacións, dúbidas e suxestións, covoca ASEMBLEA XERAL ORDINARIA e reunión de levadores dos pasos, que terá lugar nos Claustros de San Francisco, o vindeiro sábado día 12 de marzo ás 18:00 H., en primeira convocatoria e ás 18:30 h., en segunda convocatoria.
Orde do día
Lectura e aprobación, se procede, da acta da Asemblea anterior
Estado de Contas
Memoria do realizado en 2015
Rogos e Preguntas
Seguidamente:
ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA
En cumprimento das bases estatutarias que rexen o seu funcionamento como Asociación, ao final da Asemblea Xeral Ordinaria, a Xunta Directiva do Sete Palabras, convoca Asemblea Xeral Extraordinaria, coa seguinte orde do día:
Elección Xunta Directiva
As candidaturas presentaranse, até o día 10 de Marzo, por escrito e dirixido á seguinte dirección: Irmandade do Sete Palabras – Apartado de Correos nº 19 – 27850 Viveiro
Lémbrase
Aproveitan a ocasión para convidar a participar nos actos que a Irmandade programa ao longo da Semana Santa.
Tamén queremos pedir colaboración para participar nos desfiles procesionais portando elementos da Irmandade, como hachóns, estandartes, etc, e difusión desta petición entre familiares e amigos.
Rogan aos levadores dos pasos aproveiten a ocasión da Asemblea para transmitir calquera variación na súa dispoñibilidade para portar o paso na procesión do Venres e na do Domingo, así como a de calquera levador que coñezan e que por unha ou outra causa non poida asistir á Asemblea.