Viveiro, 8 de marzo de 2016.- O pasado domingo celebrouse na localidade de Fene (A Coruña), o Campionato Galego de Campo a Través de Veteráns, nun circuíto moi duro que se atopaba totalmente encharcado e con cantidade de auga que facía moi difícil que os atletas puideran correr. O campeonato contou cunha numerosa participación de atletas de tódolos clubes de Galicia, e o C.D.Egovarros-Viveiro desplazou a 18 atletas a dito campionato.
Na categoría feminina, as mulleres deron 5 voltas ó circuíto ata completar unha distancia de 5´5 km, proclamándose campeona de Galicia na categoría W60, a atleta do clube vivariense, Begoña de Arriba (na foto, co dorsal 704). No apartado masculino, os atletas de M35 e M40 déronlle 7 voltas ó circuito grande ata completar unha distancia de 11 km, donde os representantes do clube vivariense acadaron a cuarta posición por equipos. Os super veteranos de máis de 45 anos correron a misma distancia que as mulleres, 5´5 km, facéndose có campeonato galego na categoría de M75, o atleta Antonio Cabana, o seu compañeiro Antonio Hernández, foi medalla de bronce na categoría de M65.
A próxima proba na que tomarán parte os atletas do clube viveirense será o Campionato Galego de Maratón a celebrar na localidade de A Coruña, o próximo mes de abril.





















No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
