Os usuarios dos distintos dispositivos da Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña desprázanse este xoves 17 de marzo ao Centro para o Consumo de Vegadeo. A viaxe farase en tren. As actividades planificadas son “Un circuíto con fundamento” onde se elaborarán madalenas e se etiquetarán e “Agasallo especial” onde se elaborarán agasallos a partir de material reciclado.
Con esta clase de actividades trabállanse habilidades básicas da vida diaria, amplíanse coñecementos, trabállase a importancia da reciclaxe e coñécense recursos da nosa contorna.
Ademais, será unha xornada lúdica para disfrutar dun día especial todos xuntos.