O equipo sobrepúxose ás circunstancias e foi quen de subirse ó caixón autonómico. No quecemento a lesión de Carme Alonso privouna de participar sendo unha baixa considerable.
Ainara Rodríguez (6ª cun tempo de 7:18) intentou estar en todo o momento no trío de cabeza a pesar de non sentirse cómoda na segunda metade do percorrido; Ana Vallines(18ª cun tempo de 7:39) caía na saída e remontaba posicións ata entrar entre as 20 primeiras, Mariña Alonso caía tamén nas primeiras de cambio e a pesar diso paraba o crono en 7:58- 28ª, e entraban ademais moi seguidas dando o bronce final: Marta Alonso de 38 con 8:10, Ainhoa López 40ª con 8:16 e Uxía Salvatierra 46ª con 8:26.
Participaron ademais o velocista Aleix Díaz en Infantil Masculino rematando 30º cun tempo de 10:03 a pesar de non ser a súa especialidade; e no equipo alevín feminino a baixa de última hora de Valeria Álvarez privaba ao equipo de participar en conxunto, pero no apartado individual entraban Diana Lastra (36ª -6:49), Carmen García (52ª con 7:13) e Cecilia Gómez (57ª con 7:29).