Ribadeo, 14 de marzo 2016. A Concellaría de Mocidade organiza varios obradoiros e actividades deportivas dirixidas a nen@s e moz@s durante esta Semana Santa. Haberá obradoiros de fotografía e de cociña, ademais de deportes e lectura.
O día 21 comezarán os obradoiros de fotografía e cociña. O de fotografía para instagram desenvolverase durante os días 21, 22 e 23 de marzo en horario de 10:30 a 13:30 e polas tardes de 16:00 a 18:00 horas. Está dirixido a moz@s a partir de 12 anos e terá lugar na Casa da Xuventude onde se pode facer a inscrición, que é gratuíta. As prazas son limitadas e o material que se precisa é un móbil con posibilidade de instalar Instagram.
O obradoiro de cociña tamén será durante os días 21, 22 e 23 con horario de mañá de 11:00 a 12:30 horas. Está dirixido a nen@s de 7 a 12 anos e terá lugar na aula fogar da Casa do Mar. As prazas son limitadas e a inscrición, que é gratuíta pode facerse na Casa da Xuventude. Neste obradoiro farán piruletas de chocolate e arte coa comida ademais de xogar a ser escultor@s coa froita.
Por outra banda a Concellaría de Mocidade programou actividades deportivas durante os días 21, 22 e 23 polas mañás en horario de 11:00 a 13:30 horas no Cantón onde haberá pista 3×3 fútbol e de baloncesto. Ademais o día 21 haberá un campionato de Flag Fútbol para nen@s a partir de 7 anos de 16:00 a 20:00 horas no Campo Sintético. As prazas son limitadas e a inscrición gratuíta pode facerse na Casa da Xuventude. Dende a Concellaría indican que se o tempo non acompaña aprazarase a xornada para outro día.
A Concellaría de Mocidade organiza ademais unha xornada lúdica para o día 22 de marzo no parque de San Francisco durante a tarde de 16:00 a 19:00 horas. Haberá inchables, baile, animación musical e obradoiros e se o tempo non acompaña aprazarase a xornada para outro día. Por outra banda o día 28 de marzo terá lugar unha actividade titulada Ler Conta Moito na Biblioteca Municipal con Migallas. A entrada será gratuíta.
Estas actividades rematarán o día 2 de abril con La Hora del Código. Este será un evento gratuíto que se desenvolverá na Casa da Xuventude en horario de mañá de 11:30 a 13:30 horas. Estará organizado polo Grupo de Seguridade da Información da Coruña e o Concello de Ribadeo para achegar a programación de computadoras dunha forma natural, sinxela e divertida e dirixido a nen@s entre 6 e 14 anos. As prazas son limitadas, deben rexistrarse na https://studio.code.org cun nome e contrasinal. É necesario levar ordenador ou tablet.
























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



