Ribadeo, 14 de marzo de 2016. As empresas que están situadas no polígono industrial de Ribadeo protestan polas deficiencias que hai no servizo telefónico que teñen as instalacións, xa que sofren continuas avarías, o que lles resulta moi prexudicial para o funcionamento dos seus negocios.
Esta situación vense producindo dende a posta en funcionamento do parque empresarial e non mellorou co paso do tempo, polo que en outubro do pasado ano 2015 puxeron estes feitos en coñecemento do alcalde de Ribadeo a través dun escrito no que explicaban que “o servizo telefónico nada ten que ver co que no seu día se nos ofreceu; falóusenos de últimas tecnoloxías antes de realizar a compra das parcelas e debían de ter razón os representantes de SEPES e do Concello, sobre todo no que se refire ás últimas tecnoloxías, porque parece ser que nin repostos teñen para reparar as avarías que tan frecuentemente ocorren”.
Os empresarios que teñen os seus negocios no parque empresarial de Ribadeo tamén explicaban nese documento: “entendemos que as avarías poden existir e que é necesario un tempo prudencial para reparalas, pero o que non somos capaces de entender é que coa dependencia que as empresas teñen deste servizo, poida tardarse ata 3 días en resolverse, como tamén é incomprensible que unha instalación con tan pouco tempo de uso padeza tantas incidencias”.
Agora os responsables das empresas situadas no polígono industrial ribadense explican que “a raíz da presentación deste escrito no Concello de Ribadeo, o alcalde fixo algunhas xestións coas que logrou que tarden menos en reparar as avarías que se producen no servizo telefónico, o que lle agradecemos ao rexedor municipal. Pero estas deficiencias seguen ocorrendo con demasiada frecuencia, especialmente coincidindo cos días de choiva, o que nos causa importantes dificultades para desenvolver o noso traballo pois quedamos sen liña telefónica e polo tanto sen poder facer nin recibir chamadas, pero tamén sen acceso a internet nin aos correos electrónicos, algo que na actualidade é fundamental para todas as nosas empresas”.
Polo tanto os empresarios afincados no parque empresarial ribadense reclaman que se dea solución a esta grave situación por parte de SEPES ou da compañía telefónica Movistar, que “é a responsable directa deste servizo telefónico tan deficiente que temos no polígono industrial de Ribadeo”. E advirten que “se nun prazo de tempo breve non se resolve este problema, que levamos sufrindo durante anos, estudaremos adoptar outras medidas para evitar que as nosas empresas sigan soportando as repercusións negativas que nos causa esta situación”.
























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



