CADERNOS DA VIAXE. As persoas que tivemos a sorte de que nos deran unha educación orientada á liberdade responsábel (“Xoanciño, fai o que ti creas que compre, pero non fagas o ridículo”) sentímonos un pouco roibos coa lectura dos whatss enviados polo Xefe do Estado e a súa dona ao seu común amigo López Madrid. Xenro de Villar Mir, penalmente investigado no asunto dos cartóns black de Bankia por gastos sen xustificar superiores aos 34.000 euros e que xa declarara en relación co financiamento ao PP en diñeiro negro na contía de 1,8M€.
Ben, pois toda esta información achábase ao dispór do Rei e da Raíña e, porén, non dubidaron en lle amosar ao López Madrid o seu apoio, quer considerando merde toda teimuda realidade que se interpuxera co seu amigo, quer convidando xantar ao día seguinte a un individuo deste dubidoso comportamento. E isto só catro meses despois de xurar o mandato real.
Vai para os dous anos o Vello Rei tivo un detalle moi feo: ir cazar elefantes a Botswana coa que estaba a caer. E aos listos do establishment ocorríuselles unha operación para resgatar ao soldado Ryan, quere dicir á Coroa. Porían no seu sitio ao Fillo, home da miña xeración e abondo preparado. A inmediata distancia que o novo Rei puxo coa súa irmá e o seu cuñado facía albiscar que a remuda lampedusiana podía causar bó efecto aparente.
Mais estas revelacións volven pór ao novo Rei e á súa dona xogar na liga que xogaba o seu pai: a das persoas que se sinten á marxe dos efectos das normas xurídicas e das convencións democráticas. E isto é bastante grave. E non só porque chova sobre mollado. Que tamén.
É grave porque o enorme déficit democrático da Coroa só se vai diluíndo se a Institución é eficaz na plurinacionalidade española e se é exemplar. Da eficacia na plurinacionalidade non hai moito que falar. Os propios discursos do Xefe do Estado denotan unha visión tan mesetaria coma a do Real Madrid. E agora resulta que a exemplaridade pode porse en cuestión.
Non só teñen que ser exemplares, senón parecelo. Porque, ao pretender ser depositarios da “auctorictas” sen se someter ao escrutinio democrático, non son iguais ca todos.
Xoán Antón Pérez-Lema





















Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



