Lourenzá, a 13 de Marzo do 2016.- A asociación de Amas de Casa e Consumidores Baos de Lourenzá ven de celebrar a I Cea da Muller co gallo da celebración do Día Internacional da Muller.
A actual directiva da asociación organiza esta cea tendo a intención de que sexa unha cita anual agardada polos veciños e veciñas do concello na que cada ano se rinda homenaxe a unha muller do concello que destacara pola súa traxectoria vital ou profesional.
A cita deste ano, á cal asistiron preto dun centenar persoas, homenaxeou a primeira directiva que tivo a Asociación, personalizada en Ana Lage que foi a Presidenta Fundadora, a cal, estivo no cargo máis dunha ducia de anos que coincidiron cos anos de maior difusión e maior dinamismo. Cabe lembrar os moitos cursos, excursións e festas que se organizaron ao longo deses anos nos que máis de 200 mulleres do concello formaban parte da Asociación.
A actual presidenta, Emma Alvarez, lembrou ás que foron o xerme da Asociación como as mulleres que fixeron posible que hoxe, 26 anos despois, as mulleres e homes de Lourenzá teñamos unha asociación que nos identifique como “Amas de Casa”.
Mediante unhas emotivas palabras a homenaxeada desexou éxito á nova directiva que está ao fronte da asociación, e animounas a seguir traballando en actos que dignifiquen o traballo da muller ao mesmo tempo que sirven como puntos de encontro entre as mulleres das distintas parroquias do concello.
Na cea estaban presentes outras catro mulleres fundadoras da Asociación que, recibiron cadansúa unhas flores de mans da actual directiva.
Durante a cea, a Presidenta recordou que está aberto o prazo para os distintos cursos que dende a directiva se prepararon para os vindeiros meses antes do verán.
Os cursos máis inmediatos serán os seguintes:
– Bordado. Impartido por Marina Abad. Será os mércores de 16 a 19 horas, empezará despois de Semana Santa e dura 30 horas sendo o custo de 30 €.
– Bolillos. Impartido por Mari Cruz Valea. Está previsto que empece no mes de abril. O custo será de 20 €/mes e durará 30 horas.
– Restauración de Mobles. Impartido por Esther de “La Herencia”. O curso durará 30 horas, empezará no mes de abril, impartíndose 3 horas por día. O custo será de 50 €.
– Obradoiro de Maquillaxe. Impartido por Remey Mora. Este curso impartirase todos os luns do mes de maio. Terá unha duración de 2 horas /día e o prezo é de 15 €. (inclúe o material agás brochas e pinceis).
– Óleo. Impartido por Ángel Carregal. Este curso é de 30 horas os xoves de 16:30 a 19:30 h empezando no mes de maio.
As persoas que non son socias terán que pagar 5 € máis. Os interesados poden anotarse contactando con calquera das directivas ou a través do facebook da asociación como data tope o día 25 do mes anterior.

























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



