Lugo, 11 de marzo de 2016.- A presidenta do Partido Popular de Lugo, Elena Candia, confirmou este venres que Carlos Armesto Quiroga será o novo secretario xeral na executiva popular lucense. Armesto Quiroga é deputado provincial e vicevoceiro do Grupo do PP na Deputación, ademais de que exerce dende 1991 a responsabilidade de primeiro tenente de alcalde no Concello do Saviñao.
Elena Candia tamén anunciou a integración ao seu equipo de Margarita López Blanco, como responsable da Secretaría de Comunicación e de Manuel Antonio Fernández Piñeiro da de Novas Tecnoloxías. Margarita López Blanco, de Lugo, é licenciada en Dereito, actualmente funcionaria de carreira, grupo A1 na Administración local, con ampla experiencia en comunicación institucional. O lucense Manuel Antonio Fernández Piñeiro é pedagogo e exerce, dende fai anos, un destacable traballo no ámbito nas novas tecnoloxías no PP de Lugo.
Candia lembra que se trata de dúas áreas que terán unha destacada importancia na nova executiva provincial, xa que, como anunciou a actual presidenta do populares lucenses, dende o PP ofrecerase un servizo de asesoramento e comunicación ás agrupacións locais, ademais de que se empregarán as novas tecnoloxías para incentivar o contacto cos afiliados e simpatizantes, peza clave para a nova dirección.
Por último, Elena Candia prevé presentar o vindeiro venres a todo o equipo que a acompañará, xunto a Ramón Carballo, na presidencia do PP provincial lucense, dende o que “tenden a man para sumar esforzos e traballar todos xuntos”.




















A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.



