Esta semana coñecíamos –trala súa publicación no Diario Oficial de Galicia- que o proxecto de ampliación das piscifactorías situadas no polígono industrial de Cuiña superaba o trámite ambiental. Trátase dun requisito imprescindible para impulsar definitivamente unha actuación que traerá aparellado un investimento estimado de 24 millóns de euros e a creación de entorno a 26 empregos directos e outros 50 indirectos, aos que habería que engadir os que poidan xerarse como consecuencia das obras de construción.
Pero chegar a este punto non foi un camiño exento de atrancos, empezando polos que pretenderon poñer socialistas e nacionalistas desde a súas responsabilidades de goberno afortunadamente hoxe malogradas. Ata en tres ocasión as forzas do bipartito negáronse a apoiar a posibilidade de que o polígono industrial da Cuíña fora incorporado ao plan que establece os emprazamentos onde se autoriza a posta en marcha de novas piscifactorías ou a ampliación das existentes.
Contra esa decisión –inxusta e claramente discriminatoria- atopáronse a posición decidida do Partido Popular xa que logo non podíamos renunciar a potenciar un emprazamento, especialmente acaído para o impulso da acuicultura, no que había solo dispoñible, próximo ao mar, con condicións ambientais e de calidade das augas inmellorables. E así o fixemos ver, entre outras, impulsando –eu mesmo na miña condición de deputado- distintas iniciativas no Parlamento de Galicia que reverteron o boicot inicial, recuperando unha posibilidade xusta en beneficio do futuro de Cervo.
Resulta evidente que non é o mesmo que gobernen uns que outros: O Partido Popular sempre foi favorable a promover calquera iniciativa que, desde o máximo respecto ambiental, xere novas oportunidades de emprego. Hoxe Cervo destaca por méritos propios entre os puntos de Galicia nos que se desenvolve unha acuicultura responsable e vangardista. Trala adquisición de 24.000 metros cadrados adicionais, e a creación de dúas novas plantas, dedicadas ao cultivo de rodaballo e linguado, o polígono volverá a recuperar un auxe capaz de situarnos, unha vez máis, como capital galega de acuicultura, un obxectivo cada día máis próximo.
Jose Manuel Balseiro.






















O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 



